Diferenzas entre revisións de «Cigurat»

sen resumo de edición
m (Arranxiño)
[[Ficheiro:SialkCAD.jpg|dereita|miniatura| Interpretación do cigurat de Sialk, baseado en evidencias arqueolóxicas.]]
 
Un '''cigurat''' é unha forma de [[templo]], común aos [[Sumeria|sumerios]], [[Babilonia|babilonios]] e [[Asiria|asirios]], pertencente á época do antigo [[val]] da [[Mesopotamia]] e construído en forma de pirámide terraplanada. O formato era de varios andares construídos uns sobre outros, coa diferenza de que cada andar superior ten unha [[área]] menor que a da plataforma inferior sobre a cal se asenta. As plataformas poderían ser rectangulares, ovais ou cadradas, e o seu número variaba de dous a sete. A planta soía ser cadrada cuns lados de 60 ou 70 m con ángulos orientados cara os catro puntos cardinais e unha altura de entre 15 e 30 m.
 
O centro do cigurat facíase de [[ladrillo]]s cocidos ao sol, o exterior da construción mostraba adornos de ladrillos queimados. Os adornos normalmente eran envidrazados en cores diferentes, posibelmente contendo significación [[cosmoloxía|cosmolóxica]]. O acceso ao templo, situado no topo do cigurat, facíase por unha serie de rampas construídas no flanco da construción ou por unha rampa en forma de [[espiral]] que subía dende a base ata o cume do edificio. Os exemplos máis antigos de cigurats datan do final do terceiro milénio a. C., encanto os máis tardíos, do [[século -VI|século VI a. C.]], e algúns dos exemplos máis notabeis desas estruturas inclúen as ruínas da cidade de [[Ur]] e de [[Khorsabad]] na [[Mesopotamia]].
A función dos cigurats eran de servir de soporte icónico ás "bodas sagradas", a cerimonia de unión da divindade coa humanidade a través do rei. O mobiliario era un podio e un altar, [[Heródoto]] menciona un leito (o podio) luxoso e unha mesa (Altar) de ouro.
 
A idea que se ten de que servían como lugar de idolatría ou cerimonias públicas, con todo, non é correcta. Na [[Mesopotamia]] acreditábase que eran a morada dos [[deus]]es. A través dos cigurats as divindades colocaríanse preto da [[humanidade]], razón pola cal cada cidade adoraba seu propio deus ou [[deusa]]. Alén diso, apenas os [[sacerdote]]s podían entrar no cigurat, e era deles a responsabilidade de coidar da adoración aos deuses e facer que atendesen as necesidades da comunidade. Naturalmente os sacerdotes gozaban dunha reputación especial na sociedade [[sumeria]].
 
 
O nome [[Sumeria|sumerio]] para a estrutura era ''[[Etemenanki]]'', palabra que significa "A Fundación do [[Ceo]] e da [[Terra]]". Probabelmente construído baixo as ordes de [[Hamurabi]], averiguouse que o centro do cigurat de Marduk contiña restos doutros cigurats e estruturas máis antigas. O andar final consistía nun encaixamento de 15 metros de ladrillos reforzados construído polo [[monarca]] [[Nabucodonosor II]].
 
Aínda que os sumerios foron os que inventaron este tipo de templo todas os demais sucesores no dominio da sterras mesopotámicas seguiron a usar o cigurat como única forma de templo, así os Casitas erixen na súa capital DUr-Kurigalzu un dos cigurats mellor conservados de Babilonia. Os Asirios importános á súa capital, Asur, onde erguen un cigurat a [[Enlil]] e cigurats xemelgos no templo de Anu.
 
== Véxase tamén ==
*[[Sumeria]]
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.caravanserai-tours.com/chogha.htn Choqa Zanbil Tour] - Informacións sobre un dos cigurats máis ben preservados, e posibelmente o maior e máis extravagante en [[arquitectura]]. ''(en inglés)''
418

edicións