Anábase: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxo
Trabzon* -> Trebisonda
Liña 6:
Nela nárranse a expedición militar de [[Ciro o Novo]] contra o seu irmán o rei de [[Persia]] [[Artaxerxes II]] e o retorno á patria dos mercenarios gregos que estaban ao seu servizo trala derrota e morte do mesmo Ciro.
 
En [[-401]], tres anos despois de subir ao trono o persa Artaxerxes II, o seu irmán menor Ciro rebelouse na súa [[sátrapa|satrapía]] de [[Asia Menor]]. Para destronar ao seu irmán, recrutou un exército no que incluíu a dez mil mercenarios gregos, que partiu de Sardes, marchou a través de Asia Menor e descendeu custeando o río [[Éufrates]] ata [[Cunaxa]], preto de [[Babilonia]]. Ciro morreu na [[batalla de Cunaxa]], o que produciu a desbandada do seu exército. Os mercenarios gregos, sen embargo, mantivéronse invictos e unidos. Nas negociacións que seguiron, os caudillos gregos foron decapitados, polo que os mercenarios tiveron que elixir outros. Entre estes estaba o propio [[Xenofonte de Atenas]], que guiou o retorno do resto do exército a Grecia. Remontaron o río [[Tigris]] e atravesaron [[Armenia]] por unha ruta de case catro mil quilómetros de territorio inimigo, ata chegar á colonia grega de [[Trebisonda|Trapezunte]] (actual TrabzonTrebisonda, Turquía), na beira sur do [[Mar Negro]]. Son famosas as palabras que pronunciou un soldado adiantado á vista deste: θάλαττα, θάλαττα ("Thalatta, Thalatta" - "O mar, o mar").
 
A narración, escrita en terceira persoa, posúe gran interese histórico, pero ademais ten un estilo ameno, non exento de gran emotividade nalgunhas pasaxes. Pola sinxeleza do seu estilo, a miúdo é usada na educación secundaria como texto de iniciación á tradución do [[grego clásico]].