Inocencio IV, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Lyon* -> Lión
Liña 7:
Con ocasión da celebración do [[conclave]] para elixilo Papa, [[Federico II]] controlaba os arredores de Roma, sendo ''de facto'' quen dominaba os [[Estados Pontificios]]. Con esta situación pretendeu controlar a elección papal, ó que a maioría dos cardeais se opuxo. Elixido Inocencio IV, Federico II enviou emisarios para acodar a paz. Federico II fora proscrito por [[Gregorio IX]] e buscaba a toda costa un acordo coa Igrexa, pero sen renunciar ó seu poder e influencia nas decisións eclesiásticas. Pola súa parte, Inocencio era un home convencido de que o poder da Igrexa, e en concreto da figura papal, debía estar por riba dos gobernantes e os reis.
[[Ficheiro:Innocent IV - Council of Lyon - 002r detail.jpg|esquerda|200px|miniatura]]
Nesta situación, Inocencio esixiu de Federico o recoñecemento do dano que causara á Igrexa. Finalmente chegaron a un acordo o 31 de marzo de 1244. Nel restituíanse á Igrexa as súas posesións, especialmente os Estados pontificios, e liberábase ós prelados favorables ó Papa que mantiña presos o emperador. Aínda que firmara a paz con el mercede á mediación do rei de [[Francia]], sentiuse incómodo en Italia pola presenza da milicia imperial, e decidiu refuxiarse en [[LyonLión]] co apoio dos [[Xénova|xenoveses]]. Convocou o 3 de xaneiro de 1245, nada máis chegar á cidade, o [[Concilio de LyonLión I]] pese á oposición do emperador. Sentíndose forte, Inocencio procedeu a realizar novas acusacións durante a celebración do [[concilio]] contra o emperador e terminou por [[excomuñón|excomungalo]] o 17 de xullo por non organizar unha nova [[cruzada]], e ditou a bula ''Agni sponsa nobilis'' para declarar o poder supremo da Igrexa fronte ós gobernantes. Federico organizou tropas para enfrontarse ó papado; Inocencio, pola súa parte, pretendeu organizar unha cruzada contra o propio emperador mobilizando ós príncipes alemáns. Nese camiño pretendeu a elección de [[Henrique Raspe]] e, aínda que foi proclamado emperador o 22 de maio de 1246, nunca foi recoñecido como tal. Ó mesmo tempo provocou o alzamento contra o emperador de moitas cidades do norte de Italia, obtendo a vitoria as tropas papais o [[26 de maio]] de [[1249]].
 
Morto Federico II en 1250, continuou a súa loita contra [[Conrado IV]], fillo e sucesor daquel, propoñendo para os alemáns a [[Guillerme de Holanda]]. Recuperou o [[Reino de Sicilia]] para o papado, ofrecéndoo sucesivamente a [[Ricardo de Cornwall]], irmán de [[Henrique III de Inglaterra]], ó seu fillo [[Edmundo Crouchback|Edmundo o Chepudo]] e a [[Carlos de Anjou]]. Todos o rexeitaron, mentres Conrado IV e [[Manfredo]] (bastardo de Federico II) controlaban pola forza das armas [[Nápoles]] e [[Sicilia]]. Á morte de Conrado, a posición do seu fillo Conradino era tan precaria que negociou co Papa. Por un tratado firmado en setembro de 1254, [[Apulia]] pasou a ser propiedade papal. O gobernante de Apulia, Manfredo, sospeitou da conduta do pontífice ó visitar a súa nova terra, polo que fuxiu cos sarracenos, que o axudaron a derrotar ás tropas papais en [[Foggia]] o 2 de decembro de 1254. Inocencio, enfermo, faleceu en Nápoles o 7 de decembro, como consecuencia do efecto que a noticia da derrota tivo na súa desastrada saúde.