Arturo Souto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
*Luis>Luís
Liña 13:
A curta pensión paterna amplíaa Arturo Souto decorando porcelanas, e consigue diñeiro para a súa primeira viaxe a [[París]], en [[1926]], a onde volverá a viaxar en [[1931]], agora cunha bolsa da [[Deputación de Pontevedra]]. Entusiasmado coas novas correntes estéticas da capital francesa, traballa intensamente e interésase por [[Giorgio de Chirico]], que será unha gran influencia.
 
En España participa en importantes exposicións colectivas e realiza mostras en Madrid (1928 e seguintes), Pontevedra (1928), Santiago (1930), A Coruña (1931), Vigo (1932) etc. Proba con moitas técnicas: pastel, gouache, [[acuarela]], [[Pintura ó óleo|óleo]]. Un esteticismo dandi e certo [[decadentismo]] preside a obra desta época. Por medio do médico e poeta [[LuisLuís Pimentel]], do grupo "Ronsel", o Círculo das Artes de Lugo encárgalle seis paneis para os seus salóns, obras nas que se plasma toda a súa personalidade. Simultaneamente, ilustra diversas novelas e colabora na revista madrileña ''Blanco y Negro''.
 
En [[1931]] recibe unha bolsa de viaxe da Deputación de Pontevedra que lle permite visitar diversos museos europeos. Neste mesmo ano asina o "''Manifesto dirixido á opinión pública e ós poderes oficiais''". Coñece ben a pintores vascos, identificándose temática e tecnicamente con [[Aurelio Arteta]].