Pazo de Lestrobe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Dodro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 6:
 
== Historia ==
O pazo de Lestrobe foi construído no [[século XVI]], sendo propiedade do [[Arcebispado de Santiago de Compostela|arcebispado compostelán]], pero sofre varias reformas ao longo da historia e pódese clasificar dentro do estilo barroco.<ref>[http://proxectoarga.com/Architecture/Building/11 Hotel Pazo de Lestrove] en Proxecto ARGA.</ref> No patio da entrada existe un monumental chafariz do [[século XVIII]] que constitúe un notable exemplo deste tipo de arquitectura. Consta dunha grande pía con tres alturas coroada pola figura de [[Santiago o Maior|Santiago]] peregrino.
 
Recibe este pazo o nome de Pazo do Anxo da Garda porque é a advocación da capela, que só se descobre por un gracioso campanil que supera o tellado. O edificio, de grande envergadura, ten planta en forma de U cunha longa fachada principal totalmente simétrica, que consta dunha porta centrada e de ocos con molduras barrocas.