Aguia real: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Almaffi (conversa | contribucións)
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través da aplicación móbil
Almaffi (conversa | contribucións)
Engadir contido e eliminar de "En progreso"
Liña 1:
{{Zooloxía en progreso}}
{{Taxobox
| name = Aguia real
Liña 39 ⟶ 38:
* ''A. c. japonica'': Distribúese por Xapón e a península de Corea
* ''A. c. kamtschatica'': Vive no Extremo Leste de Rusia e norte de Mongolia
 
== Nutrición==
A especie sitúase no cumio da [[pirámide ecolóxica|pirámide trófica]], depredando case todas as especies de mamíferos, aves e réptiles existentes no seu territorio. Porén, o groso das súas capturas son os coellos, lebres e marmotas. Téñense documentado capturas tan grandes coma crías de [[cervo]], [[cabra montesa]] ou [[pita do monte|pitas de monte]] adultas. En períodos de escaseza recorre á [[calaza]].
As capturas fainas dende atalaias e promontorios, ou ben voando entre os rochedos das montañas; sempre procurando a sorpresa. As presas máis pequenas son transportadas ó niño, namentres que as máis grandes son consumidas no mesmo lugar da captura.
 
 
== Reprodución ==
Aniña nas árbores e baixíos rochosos en Europa. Porén noutras áreas xeográficas da zona holártica constrúe o niño no chan (tundra) ou nas árbores máis baixas (taiga). Ocupan niños antigos que van mellorando e ampliando ano tras ano. Unha parella posúe normalmente varios niños e na súa construción participan ambos sexos. O seu período de cría vai dende marzo ata maio. A súa posta consta de un a dous ovos que son incubados durante 43-45 días. Excepcionalmente tense documentado postas de tres ovos.
Os polos permanecen no niño uns 63-70 días<ref>''Gran Guía de la Naturaleza. Aves'''. Por Nicolai, Singer e Wothe. Editorial Everest S.A.{{es}}</ref>. Habitualmente a femia choca os ovos e o macho procura o alimento. Trátase dunha especie [[monogamia|monógama]].
 
== Voo ==
[[Ficheiro:Aquila_chrysaetos_3_(Martin_Mecnarowski).jpg|miniatura|300px|dereita|Imaxe na que se aprecia as plumas primarias fortemente dixitalizadas]]
Basea o seu voo nas correntes térmicas ascendentes, que son aproveitadas para planear sen necesidade de mover as ás. Estas sempre son completamente despregadas, agás nos descensos, nas que son encollidas lixeiramente. En voo, salientan as seis primarias fortemente marcadas en cada á.
 
== Distribución ==