Fronte Polisario: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
KLBot2 (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 33 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q240425
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 5:
O Polisario é o sucesor da [[Organización Avanzada para a Liberación de Saguia el Hamra e Río de Oro]] dos anos [[1960]], dirixido por [[Mohamed Bassir]], asasinado polo exército [[España|español]] durante a ditadura de [[Francisco Franco]].
 
Un grupo de estudantes, liderados por [[El-Uali Mustafa Sayyid]], conforma o Polisario o [[10 de maio]] de [[1973]] co propósito de atinxir a independencia do territorio mediante a loita armada, primeiro do dominio [[España|español]] e despois do [[Marrocos|marroquí]] e [[Mauritania|mauritano]]. O [[20 de maio|día 20]] inician os primeiros enfrontamentos armados co ataque, por un grupo de sete guerrilleiros, ao posto de policía de Janguet Quesat, neste ataque como noutros os combates baséanse nunha estratexia de guerra de guerrillas, a primeira organizada nun deserto. Nun primeiro momento a maioría dos militantes do Polisario residen fóra do territorio e as accións armada serven para darse a coñecer no interior, o que se une o repartorepartimento de propaganda nas cidades saharauís.
 
O [[30 de setembro]] de 1973 nun ataque a unha patrulla de policías nativos a camelo, preto da fronteira de Mauritania, prodúcese a primeira morte por unha acción do Polisario, a do cabo xefe ao negarse a entregarse. En [[1974]] aumentaron as accións armadas do Polisario e as autoridades españolas vense obrigadas a realizar a coñecida como ''Operación Barrido'' para loitar contra o Polisario na zona de Echdeiría, pero non consegue os seus obxectivos de eliminar aos grupos guerrilleiros e o [[26 de outubro]] o Polisario sabotea unha cinta transportadora de [[fosfato]] preto do Aaiún, o que supón que o transporte do mineral quede paralizado varias semanas. O [[18 de novembro]] prodúcese o enfrontamento máis grave ata entón entre o Polisario e as forzas españolas, morren 2 persoas polas forzas polisarias e 6 polas españolas.