Historia do Exipto otomán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
{{Historia do Exipto}}
 
[[Exipto]] foi conquistado polo [[Imperio Otomán]] no [[1517]]. Resultou sempre unha provincia difícil de controlar e estivo baixo o control dos semi-autónomos [[mameluco]]s até ser conquistada polos [[Napoleón|franceses]] en [[1798]]. Unha vez expulsados, foi gobernado polo [[Albania|albanés]] [[Muhammad Alí de Exipto]] e os seus sucesores, que apartaron a Exipto ainda máis do control otomanootomán. Esta situación durou até [[1882]], cando o [[Reino Unido]] invadiu Exipto e o convertiu nunha colonia.
 
==Primeiro período turco==
Após a conquista de Exipto, o [[sulmán]] otomán [[Selim I]] abandonou o país deixando ao seu virrei [[Khair Bey]] cunha garda de 5000 [[xanízaro]]s, mais sen realizar alteracións na administración do país. Exipto víase como un estado vasalo, non como unha provincia, do imperio.
 
A historia dos comezos do Exipto otomanootomán é a dunha competición polo poder entre os mamelucos e os representantes do sultán otomanootomán. Os mamelucos continuaron posuindo a maior parte das terras como un [[feudo]], o que lles permitiu retornar a ocupar posicións de grande influencia. Os emires mamelucos ficaron como cabezas das doce [[sanxac]]s nas que se dividiu Exipto, e baixo o seguinte sultán, [[Suleimán I]], creáronse dúas cámaras, chamadas o [[Diván]] Maior e o Menor, nas que estaban representados o exército e as autoridades relixiosas, para axudar ao [[paxá]] nas súas deliberacións. Aos seis reximentos creados por Selim para a protección do Exipto Suleimán acrescentou outro, o dos [[circasiano]]s.
 
En [[1527]] os otomanosotománs realizaron o seu primeiro [[cadastro]] debido a que os rexistros anteriores pereceran baixo o lume, ainda que non se utilizou até [[1605]]. As terras exipcias dividíronse en catro clases: os dominios do sultán, os feudos, as terras para o mantenimento do exército e as relixiosas.
 
Foi práctica habitual da [[Sublime Porta]] mudar de gobernador de Exipto en intervalos breves, aós un ano ou mesmo varios meses. O terceiro gobernador, [[Abmad Pasha]], ao ter coñecemento de que se expediran ordes para a súa execución desde [[Constantinopla]], proclamouse independente e chegou mesmo a acuñar moedas. Dous dos emires que enviara a prisión lograron escapar, atacáronno no seu baño e asasináronno.
Liña 16:
Os continuos cambios de goberno parecen ter motivado que se perdese o control do exército xa a comezos do período de ocupación otomana e a principios do [[século XVII]] os motíns eran frecuentes: en [[1604]] o gobernador [[Ibrahim Pasha]] foi asasinado polos soldados e a súa cabeza foi colocada na [[Bab Zuwflla]]. Estes motíns motivábanse frecuentemente polas tentativas dos sucesivos paxás de pórlle fin á extorsión chamada ''[[tulbah]]'', un pagamento forzado que as tropas esixían para pagar débedas fictícias.
 
En [[1609]] estalou algo parecido a unha guerra civil entre o exército e o paxá, quen tiña ao seu lado a algúns reximentos leais e aos [[beduíno]]s. Os soldados chegaron mesmo a escoller un sultán e a repartírense provisoriamente as rexión do [[Cairo]]. Foron derrotados polo gobernador [[Mahommed Pasha]], quen, o [[5 de febreiro]] de [[1610]] entrou no Cairo en triunfo, executou aos líderes da revolta e desterrou a moitos outros para o [[Iemen]]. Para algúns historiadores isto foi como unha segunda conquista de Exipto polos otomanosotománs. Con efecto, Mahommed Pasha puxo en práctica unha reforma financeira que reaxustou as cargas impositivas sobre as diferentes comunidades.
 
Cos problemas que aflixían a metrópole, os gobernadores designados a partir de entón foron tratados polos exipcios con cada vez menor respecto. En [[1623]] a [[Sublime Porta|Porta]] destituíu ao gobernador [[Mustafa Pasha]] e designou a [[Ali Pasha]] no seu sitio. Como este non aceptase entregarlles certas cantidades acostumadas aos dignatarios e encarcerase ao líder da delegación que llo pedía, a guarnición de Alexandría rescatou a este e forzou a Ali Pasha a embarcarse. Pouco despóis Constantinopla confirmaba no seu cargo a Mustafa Pasha.
Liña 31:
Ali Bey consolidou os seus dominios reprimindo ás tribos nómades, reformando as finanzas e mellorando a administración da xustiza. Enviou exércitos á Península Arábica e nomeou a un curmán como Alguacil da [[Meca]], quen proclamou a Ali Sultán do Exipto e Khan dos Dous Mares. Ali Bey acuñou moedas e ordenou que o seu nome se incluíse nas oracións públicas.
 
O seu fillastro Abul-Dhabhab, que comandaba un exército en Siria, pasouse ao bando otomanootomán e fixo fuxir a Ali Bey a [[Acre, Israel|Acre]] en [[1772]]. Este tentou infrutuosamente recuperar Exipto. Coa súa morte, Exipto pasou de novo a depender da Porta. Anos máis tarde, Ibrhim e Murad ocuparon os dous postos supremos separándose de Constantinopla até [[1786]], cando tiveron que fuxir para o Alto Nilo, forzados pola chegada dunha forza turca. Unha praga asolou Cairo e, vendo a necesidade de gobernantes competentes, Ibrhim e Murad foron repostos nos seus cargos. Neles permanecían en [[1798]], cando [[Napoleón]] entrou en Exipto.
 
==A ocupación francesa==