Vogal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
retiro ligazóns agora proporcionadas polo Wikidata
Sen resumo de edición
Liña 1:
En [[fonética]], unha '''vogal''' (do [[latín]] ''vocalis'') é un [[son]] da [[lingua]] falada que se produce ó expulsar [[aire|ar]], habitualmente mais non necesariamente facendo vibrar asemade as [[corda vocal|cordas vocais]], e ó modificar o [[Timbre (música)|timbre]], sen [[oclusión]] nin [[fricación]], mediante a distinta posición que adopten os [[articulador|órganos]] da [[boca]] e do nariz no caso das vogais [[nasal|nasais]] e nasalizadas.
 
As [[consoante]]s, pola súa banda, diferéncianse das vogais por unha constrición ou pechazón nun ou varios puntos do [[tracto bucal]] e/ou [[cavidade nasal|nasal]].
Liña 5:
Tamén se pode definir a vogal como núcleo [[sílaba|silábico]]. Esta definición permite non só opolas ás consoantes, que son marxes silábicas, senón tamén ás [[semiconsoantes]] ou [[semivogais]] (vogais pechadas que actúan coma marxe nun [[ditongo]]).
 
Así a todo, nalgunhas linguas é posibleposíbel que as consoantes [[sonoro|sonoras]], [[lateral|laterais]] ou [[vibrante]]s, formen núcleo silábico como o ''l'' de ''table'' en [[Lingua inglesa|inglés]] (o ''-e'' final non se pronuncia) ou o son ''r''' (''vrba'') en [[checo]].
 
En definitiva, as vogais son articulacións abertas, nas cales o aire sae ó exterior sen obstrucións e sen que se produza ningún ruído no tracto vocal. Durante a súa emisión os órganos articulatorios deixan unha canle máis ou menos ampla sen que ningún órgano se interpoña na corrente de aire en [[vibración]].