Illas Canarias: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Liña 67:
== Illas ==
[[Ficheiro:Canarias-rotulado.png|250px|miniatura|Mapa das Illas Canarias]]
* '''[[Tenerife]]''': É a maior illa do arquipélago das Canarias e tamén a máis poboada das illas de España. No seu territorio existen as dúas principais cidades das Illas: [[Santa Cruz de Tenerife]] e [[San Cristóbal de la Laguna]]. Santa Cruz de Tenerife é a capital e a sede do [[Parlamento das Illas Canarias]] e [[Cabido de Tenerife]]. San Cristóbal de La Laguna foi declarada [[Patrimonio da Humanidade]] pola [[UNESCO]] e é a súa sede na [[Universidade de La Laguna]] (a primeira universidade de Canarias). Cómpre mencionar tamén a Villa Mariana de [[Candelaria]], onde está a imaxe da [[Virxe da Candelaria]], patroa das Illas Canarias. A illa e o Monte [[Teide]], cos seus 3.718 metros é a máis elevada en España e a terceira maior do mundo a partir da súa base. O volcán Teide e todo o [[Parque Nacional do Teide|parque nacional]] son tamén Patrimonio da Humanidade desde 2007.
* '''[[Gran Canaria]]''': É a illa máis poboada da [[provincia das Palmas]] e a terceira maior illa do arquipélago (despois de Tenerife e Fuerteventura). A súa capital é [[As Palmas de Gran Canaria]]. No seu macizo central destaca o [[Roque Nublo]] (1.813 m) e [[Pico de las Nieves]] (1.949 m), o punto máis alto da illa.
* '''[[Lanzarote]]''': É a illa máis antiga e oriental do arquipélago, a pesar de ter recente actividade volcánica. O punto máis alto de Peñas del Chache está no Macizo de Famara, con 670 metros. A capital é [[Arrecife, EspañaLanzarote|Arrecife]].
** '''[[Arquipélago Chinijo]]''': Situado ao norte de [[Lanzarote]], está formado polas illas e illotes de [[La Graciosa]], [[Alegranza]], [[Montaña Clara]], [[Roque del Este]] e [[Roque del Oeste]], e depende administrativamente do concello de [[Teguise]]. A única illa habitada é [[La Graciosa]] e a súa capital é [[Caleta de Sebo]].
* '''[[Fuerteventura]]''': É a segunda maior illa do arquipélago. A capital é [[Puerto del Rosario]]. A case 2 km ao nordeste da illa está a [[illa de Lobos]].