Diferenzas entre revisións de «Julien Offray de La Mettrie»

sen resumo de edición
Sem resumo de edição
Sem resumo de edição
Nado no seno dunha familia de comerciantes, foi educado cos xesuítas e estudou medicina en [[París]] e [[Reims]]. Despois de estudar teoloxía e ser un fervente xansenista, marchou no ano 1733 a [[Leiden]], e, baixo a guía do famoso médico e fisiólogo [[Herman Boerhave]], seguidor das doutrinas de [[Spinoza]], dedicouse a estudar medicina; isto conduciuno ao materialismo, ao que lle daría a forma máis sistemática e lóxica. Médico militar en París no ano 1742, enemistouse con todos os seus colegas a causa dalgúns despectivos textos polémicos.
 
A súa primeira obra filosófica, ''Historia natural da alma'', foi publicada en [[1745]] na Haya, tivo conflitos cos medios eclesiásticos, e tivo que sairsaír de Francia. Causou polémica a súa interpretación materialista dos fenómenos físicos, que o levou a negar a existencia de Deus e a alma humana. Viuse obrigado a exiliarse primeiro nos Países Baixos e logo na corte de [[Federico II de Prusia]], da que foi médico.
 
Refuxiado en [[Holanda]], foi igualmente expulsado deste país trala publicación do seu libro [[O home máquina]]. Finalmente viuse ben acollido na corte de Federico o Grande, quen incluso o introduciu na Academia de Berlín. Porén, pouco despois e de forma inesperada, La Mettrie falece dunha indixestión.
==Pensamento==
O mecanicismo radical quedou exposto na obra ''[[O home máquina]]'', ensaio no que interpreta o [[pensamento]] como o resultado da acción dos compoñentes do cerebro e propón unha continuidade entre os animais e o home. Tamén propuxo considerar a certos criminais como enfermos. TípicamenteTipicamente ilustrado, o seu pensamento pon unha fe sen límites no progreso científico e ataca con saña a relixión e a ignorancia médica. Entre as súas obras de medicina destaca ''Observacións de medicina práctica''.
 
 
A partir do seu tratado sobre a alma, o materialismo de La Mettrie aparece fundamentado en observacionsobservacións fisiolóxicas e, en consecuencia, procedentes da física de [[Newton]]. A vida orgánica e incluso os actos da conciencia, mera función físico-química do cerebro, poden quedar suficientemente explicados pola materia. Iso exclúe, en cuanto que inútil hipótese, a alma como substancia.
 
==Obras==
Na obra ''[[O home máquina]]'' a súa obra máis famosa, La Mettrie funda toda a actividade consciente do home na teoría do automatismo animal, e extendeseesténdese ao ser humano o que Descartes considerara evidente só nas bestas; convencido do desenvolvemento dos órganos mediante o exercicio e a educación, La Mettrie xulga incluso a ensinanza da linguaxe dos monos.
 
Posteriormente escribiu ''O home-planta'' (1748), onde afirma que os vexetais posúen, como o home, a sensibilidade, e ''Les animaux plus que machines'' (1750), para demostrar, en oposición a Descartes, que a conciencia dos animais ten a mesma natureza que a humana. La Mettrie considera a existencia de Deus como unha suposición innecesaria, que se comprace nunha moral libremente materialista, que exalta por riba de todos os restantes o pracer dos sentidos, aínda cando tamén deduce do mesmo [[individualismo]] (a través do sentimientosentimento do [["honor"]]) o criterio da subordinación do interese privado cara o público, e, en consecuencia, a posibilidade dunha norma de conduta moral.
 
==Véxase tamén==
210.564

edicións