Audrey Hepburn: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Filmografía: en España
Liña 47:
== Traxectoria ==
=== Infancia e mocidade ===
Nada como '''Audrey Kathleen Ruston''' en [[Ixelles|Ixelles/Elsene]], un municipio de [[Bruxelas]], [[Bélxica]]. Era a única filla do inglés Joseph Victor Anthony Ruston e da súa segunda esposa, a baronesa Ella Van Heemstra, unha aristócrata [[Países Baixos|holandesa]] que era filla do ex gobernador da [[Güiana Holandesa|Güiana Holandesa]] ([[Suriname]]), o barón Aarnoud van Heemstra. O pai da futura actriz engadiu máis adiante o apelido da súa avóa materna, Catherina, á familia; e o seu apelido converteuse en Hepburn-Ruston. Tiña dous irmáns de nai, froito dun primeiro matrimonio da súa nai co ''jonkheer'' (''Señor'') Hendrik Gustaaf Adolf Quarles van Ufford: ''jonkheer'' Arnoud Roberto Alexander ”Alex” Quarles van Ufford e ''jonkheer'' Ian Edgar Bruce Quarles van Ufford. Ella van HemstraHeemstra era descendiente do rei [[Eduardo III de Inglaterra]] e do consorte escocés [[James Hepburn|James Hepburn, cuarto Conde de Bothwell]], de quen [[Katharine Hepburn]] tamén se considera descendiente.
 
O pai de Hepburn traballou cunha compañía de seguros en Gran Bretaña, o cal significou que a familia tivo a oportunidade de viaxar a miúdo entre Bruxelas, Inglaterra e os Países Baixos. Entre 1935 e 1938 Hepburn estudou nunha academia privada e feminina en [[Kent, Inglaterra|Kent]], Inglaterra.
 
En 1935 os seus pais divorciaronse, e o seu pai, simpatizante [[Nazismo|nazi]], abandonou á familia. Ambos os paísespais eran membros da unión británica de fascistas a mediados dos anos trinta, segundo Unity Mitford, amiga de Ella van Heemstra e seguidora de [[Adolf Hitler]]. Audrey chamou máis adiante a este feito «o momento máis traumático da súa vida». Non sería ata moito máis adiante cando conseguiu localizar ao seu pai en [[Dublín]] a través da [[Cruz Vermella]]. Desde entón permaneceu en contacto con el e apoiouno financeiramente ata a súa morte.
 
En 1939 trasladouse coa súa nai e os seus dous irmáns de nai á casa do seu avó en [[Arnhem]], Países Baixos. Pensaban que Holanda era un lugar seguro para evitar ao exército nazi. Hepburn acudiu ao conservatorio de Arnhem entre 1939 e 1945, onde estudou [[piano]] e [[ballet]] clásico, os cales compaxinaba cos seus estudos escolares.