Diferenzas entre revisións de «Fricción»

corrixo
(corrixo)
 
==Fricción dinámica==
Chamase de forza de fricción dinámica a forza que xurdexorde entre as superficies que presentan movemento relativo. A forza de fricción dinámica oponse a este deslizamento entre as superficies, non necesariamente oposta ao movemento do corpo. Por exemplo: cando unha caixa está deslizando sobre unha superficie horizontal para a dereita, a forza de fricción dinámica estará aplicada na superficie de contacto da caixa e a superficie de apoio paralelamente á superficie e apuntando para a esquerda.
Outro exemplo é cando un coche se está movendo nunha estrada e decide frear bruscamente, de modo que as rodas son trabadas. O carro parará por causa da forza de fricción, que actúa entre os [[pneumático|pneumáticos]] e o solo. No caso dun home empurrando unha caixa débese considerar que se a caixa está en repouso mentres o home aplica a forza, a forza de fricción entre a caixa e o plano de apoio será de fricción estática sendo contraria ao deslizamento da caixa cara adiante; para os pés do home, a forza de fricción estará actuando no sentido de impedir o deslizamento dos pés cara atrás. Neste caso a forza de fricción estática está apuntando cara adiante.