Irmáns Coen: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
→‎Oscares: Actualizo
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 7:
Sendo rapaces, Joel economizou diñeiro suficiente podando arbustos de xardín para mercar unha cámara Vivitar [[Super-8]], e xuntos reelaboraron diferentes filmes que viran na televisión cun amigo veciño que facía de estrela en tanto eles dirixían ou facían de secundarios.
 
Os dous irmáns Coen estudaron na Simon's Rock Early College (agora Simon's Rock College of Bard) en [[Great Barrington]], [[Massachusetts]]. Simon's Rock é indicada para estudantes brillantes que buscan iniciar a súa educación universitaria antes de tempo. Despois de formarse en Simon's Rock, Joel botou catro anos no programa universitario de filmes da [[Universidade de Nova York]] onde realizou un filme-tese de 30 minutos chamado Soundings. O filme mostraba unha muller en relacións sexuais co seu namorado xordo, que durante o acto verbalmente fantasiaba estar tendo a relación co mellor amigo do namorado, que estaba ouvindo no cuarto do lado. Despois de haberse formado tamén en Simon's Rock, Ethan entrou na Universidade [[Universidade de Princeton]] e conseguiu un grao en filosofía en 1979. A súa tese foi un ensaio de 41 páxinas intitulado: ''Two Views of Wittgenstein’s Later Philosophy ''(Dúas visións da Filosofía Serodia de Wittgenstein).
 
Despois de se formar en [[Nova York]], Joel trabalhou como asistente de produción nunha variedade de industrias de filmes e vídeos musicais. Desenvolveu un talento especial para a edición de filmes e topou con Sam Raimi, que estaba procurando un asistente de director para o seu primeiro filme, ''The Evil Dead'' (1981).