Abrir o menú principal

Cambios

 
=== Aportes matemáticos ===
[[File:Lebesgue - Leçons sur l'integration et la recherche des fonctions primitives, 1904 - 3900788.tif |thumb|''Leçons sur l'integration et la recherche des fonctions primitives'', 1904]]
Lebesgue é fundamentalmente coñecido polos seus aportes á [[teoría da medida]] e da [[integral]]. A partir dos traballos doutros matemáticos como [[Émile Borel]] e [[Camille Jordan]], Lebesgue realizou importantes contribucións á teoría da medida en [[1901]]. Ao ano seguinte, na súa disertación ''Intégrale, longueur, aire'' (''Integral, lonxitude, área'') presentada na [[Universidade de Nancy]], definiu a [[integral de Lebesgue]], que xeneraliza a noción da [[integral de Riemann]] estendendo o concepto de área baixo unha [[curva]] para incluír [[función descontinua|funcións descontinuas]]. Este é un dos logros da análise moderna que expande o alcance da [[análise de Fourier]].
 
 
A partir de [[1910]] non se concentrou máis na área de estudio que el iniciara, debido a que o seu traballo era unha xeneralización, e el era temeroso das mesmas. Nas súas propias palabras: ''Reducida a teorías xerais, as matemáticas serían unha forma fermosa sen contido. Morrerían rapidamente.'' A pesar de que desenvolvementos posteriores demostraron que o seu temor non tiña fundamento, este permítenos entender o curso que seguiu o seu traballo.
 
=== Obras ===
Ademais de aproximadamente 50 artigos, escribiu dous libros: ''Leçons sur l'intégration et la recherché des fonctions primitives'' ([[1904]]) e ''Leçons sur les séries trigonométriques'' ([[1906]]).