Inti Raymi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Inti Raymi.jpg|miniatura|250px|Inti Raymi moderno en [[Sacsayhuamán]], [[Perú]].]]
'''Inti Raymi''' (en [[lingua quechua|quechua]] ‘festa do sol’), antigamente chamada ''Wawa Inti Raymi'' (festa do sol neno), é unha cerimonia [[imperio inca|incaica]] e [[cordilleira dos Andes|andina]] celebrada na honra de [[Inti]] (o pai sol), que se realizaba cada [[solsticio de inverno]]<nowiki/> ([[24 de xuño]], no [[hemisferio sur]]). Os actuais poboadores dos países andinos, coa presenza de visitantes nacionais e estranxeiros, continúan facendo esta tradición, agora tida como unha cerimonia de interese turístico.<ref>Atlas departamental do Perú/ Cuzco -Apurímac ISBN 9972-40-258-4</ref> Ó tratarse dunha tradición inca, o Inti Raymi mantense como un rito para moitas outras comunidades indíxenas de legado incaico, algunhas das cales están asentadas noutras partes do antigo territorio inca, como en [[Ecuador]], [[Colombia]], [[Chile]], norte arxentino ([[Provincia de Jujuy|Jujuy]]) e [[Bolivia]].
 
Durante a época dos [[Inca]]s, o Wawa Inti Raymi foi instituódo polo inca Pachacútec na década de 1430, como parte da súa reorganización político-administrativa do estado inca, e era un ritual para lexitimar o control imperial sobre os pobos sometidos. O raymi do solsticio de inverno era un dos dous maiores festivais celebrados na honra do sol en [[Cusco]].<ref>Diccionario quechua -español, Municipalidad del Cusco, 1994</ref> O outro festival era o Capaq Inti Raymi, (festa do gran sol) celebrado polos Incas no solsticio de verán no hemisferio sur (21 de decembro). Segundo conta [[Inca Garcilaso de la Vega]] ([[1539]]-[[1616]]), o Wawa Inti Raymi significaba que o deus Sol renacía para dar comezo a un novo ciclo anual, o "tempo circular inca" (xa que non concebían o tempo como lineal senón coma un círculo cronolóxico) así como a orixe mítica do [[Inca]], quen foi enviado polo Sol (como deus ordenador das accións das poboacións do antigo mundo). A súa celebración duraba 15 días, nos cales había danzas, cerimonias e sacrificios. O derradeiro Wawa Inti Raymi coa presenza do [[emperador inca|Inca]] foi realizado a partir do 21 de xuño do ano [[1535]].