Risorgimento: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}
Xoacas (conversa | contribucións)
Liña 38:
Durante este período xurdiu a polémica sobre a pureza da linguaxe. Durante este período, a lingua italiana estaba ateigada de galicismos. A prosa precisaba dunha recuperación polo ben da dignidade nacional, e pensouse que isto non podería conseguirse se non era a través da volta aos grandes escritores do [[século XIV]]. Un dos promotores desta nova escola foi [[Antonio Cesari]], que se empeñaba en establecer a supremacía do [[toscano]] sobre o resto de dialectos. Pero o patriotismo en Italia ten sempre algo de provinciano, e así, contra esta supremacía toscana proclamada e defendida por Cesari, xurdiu unha escola lombarda que non quería saber nada do toscano e que volvían á idea dunha ''lingua illustre''.
 
O [[Romanticismo]] foi un movemento cultural e político que se orixinou en [[Alemaña]] a finais do [[século XVIII]] como unha reacción ao [[racionalismo]] da [[Ilustración]] e o [[Neoclasicismo]]. Exaltaba os sentimentos, o nacionalismo, o liberalismo e a orixinalidade creativa. É o movemento literario que precede ás revolucións políticas de [[1848]], pode considerarse representado por: [[Giuseppe Giusti]], [[Francesco Domenico Guerrazzi]], [[Vincenzo Gioberti]], [[CesarCesare Balbo]], [[Alessandro Manzoni]] e [[Giacomo Leopardi]].
 
Logo de 1850 a literatura política perdeu importancia, sendo un dos derradeiros poetas deste xénero [[Francesco Dall'Ongaro]], cos seus ''stornelli politici''. Posiblemente a obra literaria que máis contribuíu ao asentamento da unidade italiana foi ''Corazón'', de [[Edmondo de Amicis]] (1886), reunión de episodios protagonizados por nenos das distintas rexións italianas, que exaltan as virtudes, o heroísmo e o sentimento patriótico, dun xeito moi eficaz polo recurso ao sentimental. Foi amplamente utilizado como material escolar e pasado ao cine, a televisión e os debuxos animados (e non só en Italia: é a soada [[Marco, dos Apeninos aos Andes]]).