Eugenio Arbones Castellanzuelo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Rueiro de Vigo; cambios estética
Liña 1:
'''Eugenio Arbones Castellanzuelo''', nado en [[Ponteareas]] en [[1884]] e falecido en [[Vigo]] o [[14 de setembro]] de [[1936]], foi un médico e político, asasinado polos sublevados ó comezo da [[Guerra Civil Española|Guerra Civil]].
 
== Traxectoria ==
Estudou Medicina na [[Universidade de Santiago de Compostela]], especializouse en [[Alemaña]] e chegou a ser un coñecido [[Xinecoloxía|xinecólogo]]. Viviu en Vigo a maior parte da súa vida. Foi colaborador habitual do semanario ''[[El Tea]]'' e a partir de [[1911]] inclinouse cara ao movemento agrario como propagandista independente e participou na campaña antiforista. Evolucionou dende o agrarismo ao socialismo e foi vicepresidente do [[PSOE]] de Vigo entre 1923 e 1930, e deputado nas [[Eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 en Galicia|eleccións xerais de 1931]] pola [[provincia de Pontevedra]] na Conxunción Republicano-Socialista-Agraria. En [[Eleccións a Cortes de 1933 en Galicia|1933]] a candidatura do Partido Socialista por Pontevedra non pactou con ningún outro grupo político, polo que resultou derrotado finalmente. Ás [[Eleccións a Cortes de 1936 en Galicia|eleccións de febreiro de 1936]] non se presentou. Ó producirse o [[alzamento Nacional|alzamento nacional]] que deu lugar á Guerra Civil, foi detido e asasinado.
 
== Obras ==
* ''Problemas fundamentales de la gestación'', 1929.
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* {{cita libro|apelidos=Vázquez Xil|nome=Lalo|ligazónautor=Lalo Vázquez Xil|título=As rúas de Vigo|ano=1994|ano-orixinal=1991|edición=2ª|editor=[[Ediciones Cardeñoso]]|isbn=84-87379-47-8|localización=Vigo|páxina=127}}
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.congreso.es/portal/page/portal/Congreso/Congreso/SDocum/ArchCon/SDHistoDipu/SDBuscHisDip?_piref73_1340033_73_1340032_1340032.next_page=/wc/servidorCGI&CMD=VERLST&BASE=DIPH&FMT=DIPHXDSP.fmt&DOCS=1-1&DOCORDER=FIFO&OPDEF=Y&QUERY=%28ARBONES+CASTELLANZUELO%29.DIPU. Ficha de Eugenio Arbones no Congreso dos Deputados] {{es}}
* [http://vitimas.nomesevoces.net/gl/ficha/4876/ Ficha en Nomes e Voces]
 
<br />{{RueiroOnomástica do rueiro de Vigo}}
{{ORDENAR:Arbones Castellanzuelo, Eugenio}}
 
[[Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia]]
[[Categoría:Deputados de Galicia]]