Casto Méndez Núñez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Rueiro de Vigo; cambios estética
Liña 7:
Está enterrado no [[Panteón de Mariños Ilustres]] de [[San Fernando, Cádiz|San Fernando]].
 
== Traxectoria ==
=== Formación ===
[[Ficheiro:Casto Méndez Núñez. Escudo.jpg|miniatura|200px|Placa na casa natal en Vigo.]]
[[Ficheiro:Busto Casto Méndez Núñez.JPG|miniatura|200px|Busto en Ferrol]]
O [[3 de marzo]] de [[1840]] logrou praza de gardamariña na compañía do Departamento de [[Ferrol]]. No mesmo ano ordenóuselle embarcar no bergantín ''Nervión''. En [[1842]], embarcado como gardamariña, realizou unha viaxe á [[illa de Fernando Poo]], a actual [[Illa de Bioko]] ([[Guinea Ecuatorial]]), distinguíndose tanto polo seu bo facer que por orde superior se lle rebaixou nun ano a súa permanencia nese posto, polo que en [[1844]] foi ascendido ó grao de alférez de navío. Trasbordado ó bergantín ''Volador'' polos grandes méritos que atesouraba, nomeóuselle encargado dos gardamariñas.
 
=== A expedición ós Estados Pontificios ===
Por aquel tempo, [[Revolucións de 1848 nos estados italianos|os disturbios producidos en Italia]] polos [[Unificación italiana|intentos de unificación]] e a proclamación da [[República Romana (1849)|República Romana]], despoxaran o Papa dos seus bens temporais. [[Ramón María Narváez|Narváez]], por entón Presidente do Consello de Ministros, ordenou a formación dun exército e despachou unha expedición a Roma, acordando previamente o apoio das principais potencias católicas: [[Imperio austríaco|Austria]], [[Francia]] e máis as [[Dúas Sicilias]].
 
Liña 20:
Despois dunha travesía un pouco molesta polos malos ventos e un temporal chegaron a [[Gaeta]], e o [[Papa]] [[Pío IX]] pasou revista ás forzas, ás que bendiciu. Puxéronse, pois, en marcha, tomando posicións en [[Terracina]], sen encontraren unha resistencia seria ó seu paso. Ó pouco, e xa co campo despexado, entrou o xeneral francés [[Nicolas Oudinot]] en [[Roma]], á fronte de trinta mil homes, polo que se restableceron os [[Estados Pontificios]] e a forza expedicionaria española regresou á Península desilusionada. A Méndez Núñez concedéuselle (ó igual que a tódolos integrantes desta expedición) a [[Cruz de Pío IX]] concedida polo Papa, máis o recoñecemento polos seus distinguidos servizos, recibindo as Grazas por Real Orde.
 
=== Servizo en Ultramar ===
En [[1850]] foi ascendido a tenente de navío, outorgándolle o mando da goleta ''Cruz'', do porte de sete canóns. Con este buque realizou, pola urxencia de trasladar uns pregos á [[A Habana|Habana]], unha viaxe de dificultade extrema, pois a goleta estaba a punto de entrar en carena, pero a premura e a escaseza de buques obrigouno a levalo a cabo. En tan malas condicións ía o buque e os tempos foron tan malos, que durante a viaxe non puideron prender o lume nin un só día, e só a pericia de Méndez Núñez conseguiu que recalase naquel porto sen sufrir graves avarías, facéndose a viaxe moi arriscada e esgotadora, tanto para o mando como para a dotación. Posteriormente, foi transbordando dun buque a outro, todos baixo o seu mando, entre eles o vapor de rodas ''Narváez'', a fragata de hélice ''Berenguela'' e a urca ''Niña''.
 
Liña 33:
Após unha noite de recuperación de forzas, ó amencer volveu atacar, sendo os xefes o tenente de navío Malcampo e o alférez de navío [[Pascual Cervera]], que ía como segundo da forza. No desembarco foron apoiados polos canoneiros ''Arayat'' e ''Pampanga'', e co seu apoio artilleiro lograron alcanzar un terreo moito mellor, pero a unha distancia maior da fortaleza; así mesmo, aínda que con dificultade, lograron posicionar varias pezas de artillería de desembarco; malia todo a tenaz resistencia dos xoloianos non permitía achegarse máis á Cota; foi cando Méndez Núñez decidiu dar o golpe final. Ordenou sondar algunhas zonas con botes e baixo o fogo inimigo, e ó comunicárselle a profundidade decidiu tomar á abordaxe a Fortaleza como se dun buque se tratase. Elixido o lugar lanzou á súa goleta contra a fortaleza, manobrando con mestría, atinxiu que os seus homes asaltasen a pertinaz Cota, asemade que as forzas desembarcadas se lanzaban sobre a muralla, aínda que no ataque caeu ferido Malcampo, cun balazo que lle atravesou o peito, saíndolle a bala polas costas. A Cota caeu en mans dos españois mercé á decidida e arriscada decisión do seu comandante en xefe.
 
==== Das Filipinas ao Callao ====
O [[30 de xaneiro]] de 1862<ref>''Estado general de la Armada para el año 1862'', Imprenta Nacional, Madrid, 1863</ref> o goberno ascendeuno a capitán de navío, o que o obrigou a deixar as illas Filipinas e regresar a España. Ó pouco da súa chegada outorgáronlle o mando do vapor de rodas ''Isabel II'', participando con este buque en diversas comisións, que unha vez máis porían o seu nome como o dos de máis méritos; ó estoupar a insurrección en [[Venezuela]], dirixiuse alí, negouse a recoñecer o bloqueo que practicaban os insurxentes, e con arranxo ó dereito internacional, penetrou en [[Puerto Cabello]] e protexeu os bens e vidas dos estranxeiros.
 
Estando carboneando o seu buque no fondeadoiro de [[Santiago de Cuba]] chegáronlle novas do levantamento en [[Puerto Plata]], na illa de [[Santo Domingo]]; apresurou a labor que se efectuaba no buque e ordenou o embarco de seiscentos cincuenta homes do exército cunha batería de artillería de montaña, facéndose ó mar. Aproveitando que era unha noite sen lúa, penetrou no porto sorteando as augas pouco profundas e logrou desembarcar as súas forzas tan sixilosamente que estas lograron chegar ó único forte que aínda quedaba en mans dos españois, sen que os rebeldes atinxisen apercibirse do reforzo chegado.
Liña 40:
Ó seu regreso á península outorgóuselle o mando da fragata ''Princesa de Asturias'', coa que participou no bloqueo de [[Manzanillo (Cuba)|Manzanillo]] e de [[Montecristi|Monte Cristi]], aínda que non por moito tempo, pois sendo ben coñecido dos seus superiores, asignóuselle o mando no Ministerio da Mariña como xefe de persoal.
 
Durante a guerra entre [[Bolivia]], [[Chile]], [[Ecuador]] e [[Perú]] contra España (1864-1866), foi ascendido a vicealmirante<ref>Lawrence Sondhaus ''Naval Warfare, 1815-1914'' , 2001, páxina 98, ISBN 04152147850-415-21478-5</ref> e comandante en xefe da escuadra española tras o suicidio de [[José Manuel Pareja]] o [[28 de novembro]] de 1865<ref>Salvatore Bizzarro ''Historical Dictionary of Chile'', 2005, ISBN 08108409790-8108-4097-9, páxina 465</ref>, a bordo da [[Fragata blindada Numancia|fragata Numancia]], procedeu a realizar un bloqueo naval á cidade de [[Valparaíso]] pero por falta de buques só foi efectivo no porto<ref>Robert L. Scheina ''America's Wars'', 2003, páxina 337, ISBN 15748845061-57488-450-6</ref>. O [[31 de marzo]] de 1866 bombardeou a cidade e o porto de [[Valparaíso]], logo dun ultimato presentado o 24 de marzo,; a continuación dirixiuse a [[El Callao]], chegando o [[25 de abril]] e tras un bloqueo atacou as fortificacións do porto do [[Callao]] o 2 de maio de 1866. A férrea defensa do Callao e a chegada de máis navíos chilenos<ref>Robert L. Scheina, ''America's...'', páxina 339 </ref> fixo que retirase as súas forzas, con dous dos seus cinco buques avariados e ferido no seu camarote. Porén, deu orde de ''que cese o fogo, suba a xente ás enxarcias e se dean os tres vivas de ordenanza antes de nos retirar'' ó entender que cumprira o seu propósito. Foi aquí onde pronunciou a súa famosa frase de:
 
{{cita|España, a Raíña e máis eu prefiren honra sen barcos que barcos sen honra}}
Liña 48:
Catro buques da Armada Española levaron o seu nome. Unha fragata blindada, un cruceiro lixeiro, un destrutor e a fragata F-104.
 
== Galería de imaxes ==
<center><gallery>
Ficheiro:Mendez.jpg|<small>Fragata blindada Méndez Núñez, foi baixa en [[1888]].</small>
Liña 59:
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat}}
=== Bibliografía ===
* Anónimo. ''Casto Méndez Núñez, Héroe del Callao, 1824-1924. Libro Homenaje al glorioso marino vigués editado por “La Mundial”''. Vigo 1924. (''El producto de venta del presente libro se destinará íntegramente a engrosar la suscripción para la bandera de combate, que el pueblo de Vigo regalara al crucero <<Méndez Núñez>>'').
* Anónimo. ''Glorias de España. Combate de El Callao, dos de mayo de 1866''. Xunta de Galicia, 2000 (Madrid. Maio de 1898).
* Cervera y Jácome, Juan. ''El Panteón de Marinos Ilustres''. Ministerio de Marina. Madrid. 1926.
* Concas y Palau, Víctor Mª. ''El Combate naval del Papudo''. Ministerio de Marina. Madrid. 1896.
* Fernández Duro, Cesáreo. ''Disquisiciones Náuticas''. Madrid 1996. volumen III.
* Filgueíra Valverde, José. ''Día de la Hispanidad. En el centenario de Méndez Núñez''. Pontevedra. 1969.
* García Martínez, José Ramón. ''El Combate del 2 de Mayo de 1866 en el Callao (Resultados y conclusiones tácticas y técnicas)''. Editorial Naval. Madrid, 1994.
* García Martínez, José Ramón. ''Méndez Núñez (1824-1869) y La Campaña del Pacifico (1862-1869)''. Xunta de Galicia, 2000.
* González de Canales, Fernando. ''Catálogo de Pinturas del Museo Naval''. Tomo II. Ministerio de Defensa. Madrid, 2000.
* Iriondo, Eduardo. ''Impresiones del Viaje de Circunnavegación en la fragata blindada Numancia''. Madrid, 1868.
* Lledo Calabuig, José. ''Buques de vapor de la Armada Española, del vapor de ruedas a la fragata acorazada, 1834-1885''. Aqualarga, 1998.
* Mendivil, Manuel de. ''Méndez Núñez o el honor''. Madrid, 1930.
* Mendivil, Manuel de. ''Méndez Núñez, su Marina y la Marina de hoy''. Ministerio de Marina. Madrid, 1924.
* Novo Colson, Pedro de. ''Historia de la Guerra de España en el Pacífico''. Madrid, 1882.
* Rodríguez González, Agustín Ramón. ''La Armada Española, La Campaña del Pacífico, 1862-1871; España frente a Chile y Perú''.
* Santa Pola, Conde de. ''La Vuelta al Mundo en la Numancia y el Ataque del Callao (Apuntes para una biografía del Almirante Antequera)''. Editorial Naval. Madrid, 1993.
* VV.AA. ''Méndez Núñez, El Marino y sus buques (1840-1869)''. (Recompilados e editados por José Lledo Calabuig).
 
<br />{{RueiroOnomástica do rueiro de Vigo}}
{{ORDENAR:Mendez Nunez, Casto}}
 
[[Categoría:Militares de Galicia]]
[[Categoría:Nados en Vigo]]