Sárdoma, Vigo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Rueiro de Vigo; cambios estética
Liña 12:
'''San Pedro de Sárdoma''' é unha parroquia do concello [[Provincia de Pontevedra|pontevedrés]] de [[Vigo]] na [[comarca de Vigo]]. Limita coas parroquias de [[Beade, Vigo|Beade]], [[Castrelos, Vigo|Castrelos]], [[Freixeiro, Vigo|Freixeiro]], [[Lavadores, Vigo|Lavadores]] e [[Vigo Centro, Vigo|Vigo Centro]] e pertence ó arciprestado de Vigo-Lavadores.
 
== Patrimonio ==
Consérvanse, da época medieval, o pazo da Raposeira (do ano [[1625]]), o pazo de San Roque (1688) e a Casa Grande de Aires, do século XVIII. Destaca tamén unha ponte medieval, aínda en uso, dos séculos XII-XIII. A igrexa parroquial, o adro, o cemiterio e a [[casa reitoral]] son do [[século XVIII]]. A parroquia posúe dous [[cruceiro]]s, un no adro da igrexa e outro na Laxe.
 
== Xeografía ==
Ten 9 entidades de poboación, 5 lugares e 2.353 veciños (2013). As súas entidades de poboación son as seguintes: Fragosiño (73), Laxe (566), O Lameiro (182), O Marco (58), Moledo (318), O Outeiro (109), A Pescadeira (81), O Raviso (581) e Relfas (24). Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades): O Freixo, Louxadas, Monte da Serra, A Raposeira e A Salgueira.
 
== Festas ==
As festas máis importantes de Sárdoma son as de San Isidro Labrador no mes de Maio, e as do patrón San Pedro que se celebra o 29 de Xuño.
 
== Servizos ==
A freguesía de Sárdoma, na súa condición semiurbana, conta con diferentes parques industriais, a igrexa parroquial, un centro de saúde, varios campos de fútbol, colexios, institutos e entidades bancarias. O [[seminario maior]] da [[diocese de Tui-Vigo]] está localizado nesta parroquia.
 
== Galería de imaxes ==
{{Galería
|Ficheiro:San Pedro de Sárdoma, torre, Vigo.JPG|Fachada e torre da igrexa.
}}
 
== Lugares e parroquias ==
=== Lugares de Sárdoma ===
{{Lp Sárdoma}}
=== Parroquias de Vigo ===
{{Vigo}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Lugares de Vigo]]
 
 
{{RueiroOnomástica do rueiro de Vigo}}
 
[[Categoría:Parroquias de Vigo]]
[[Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de San Pedro]]