Diferenzas entre revisións de «Candeán, Vigo»

m
Bot: Cambio o modelo: Rueiro de Vigo; cambios estética
m (Bot: Cambio o modelo: Rueiro de Vigo; cambios estética)
As súas entidades de poboación son as seguintes: Candeán de Arriba (599), A Devesa (904), A Fonte Escura (1.254), Freiría (91), Goleta (59), Hermide (94), A Igrexa (436), Monte Pequeno (326), Parachán (369), A Rabadeira (485), O Salgueiro (65) e Vesada (17). Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades): Candeán de Abaixo, A Costeira, A Fonte Barca, A Lagoa, A Madroa, Pedra Longa, A Poba e Xunco Mariño.
 
== Instalacións ==
Nas abas da Madroa atópanse o [[Vigozoo|zoolóxico de Vigo]] (único de Galiza con máis de 600 animais) e as instalacións deportivas auxiliares do [[Real Club Celta]].
 
== Patrimonio ==
Conserva pegadas de asentamentos prehistóricos, coma petróglifos e dolmens. Nas abas da Madroa atópanse un monumental dolmen coñecido coma "Casa dos Mouros". Existen restos dunha vella construción medieval defensiva que os veciños chaman "Da Torre". A igrexa de San Cristovo foi construída a comezos do século XIX. No cemiterio atópase un dos dous cruceiros da parroquia, construído probabelmente no [[1887]].
 
== Festas ==
O segundo domingo de setembro celébrase a Festa dos Pexegos.
 
== Lugares e parroquias ==
=== Lugares de Candeán ===
{{Lp Candeán}}
=== Parroquias de Vigo ===
{{Vigo}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Lugares de Vigo]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.uvcdcandean.es/ Páxina oficial da Unión Veciñal Cultural e Deportiva de Candeán]
 
 
{{RueiroOnomástica do rueiro de Vigo}}
 
[[Categoría:Parroquias de Vigo]]
[[Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de San Cristovo]]
385.528

edicións