Diferenzas entre revisións de «Ortigueira»

sen resumo de edición
Nas [[Eleccións Municipais 2007 en Galicia|eleccións municipais de 2007]] o [[PPdG]] acadou de novo a maioría absoluta, con 8 concelleiros, manténdose coma alcalde [[Antonio Campo Fernández|Antonio Campo]]. O [[PSdeG]] acadou 3 concelleiros, o [[BNG]] 2 e o Partido Independente ningún. Porén, poucos meses despois, en outubro de 2007, Campo optou por abandonar a Alcaldía e adicarse por completo aos seus negocios persoais, que nunca deixara por completo durante a súa traxectoria política. [[Rafael Girón Martínez|Rafael Girón]] pasou a ser o novo alcalde.
 
Nas eleccións municipais do 2011, o PP, liderado por Rafael Girón acadaría 7 concelleiros, o PSOE, con JuánJuan Penabad Muras, conseguíu 6 concelleiros, o BNG quedaría sen representación por escasamente 11 votos, e o Partido Independente (formado por maioría de persoas do PSOE e do BNG) tamén quedaría sen representación.
 
Nos comicios municipais de 2015, o PSdeG-PSOE logrou a mairoía absoluta con 7 concelleiros e o 50,29% dos votos, con Juan Penabad Muras á fronte. O PPdeG con Rafael Girón baixou a 5, e o BNG recuperou a súa representación con 1 edil. Pola súa parte, presentouse unha candidatura da FE de las JONS que logrou un resultado testimonial con só 25 votos (0,59%). Desta forma, o socialista Penabad Muras convertiue no primeiro alcalde de esquerdas do municipio en toda a democracia.
 
== Economía ==
Usuario anónimo