Edicións Celta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Smallcaps; cambios estética
Liña 2:
'''Edicións Celta''' é unha empresa editorial fundada en [[Lugo]] en [[1938]]. Publicou libros en galego e castelán, tanto de narrativa como de poesía. Entre os autores que colaboraron no proxecto editorial compre salientar a [[Castelao]], [[Xosé Neira Vilas]], [[Manuel María]] e [[Xesús Alonso Montero]].
 
== Historia e características ==
Edicións Celta foi creada en Lugo inicialmente como imprenta en 1938 por [[Francisco Esteban]], quen tamén tivo unha librería co mesmo nome. Esta empresa comezou a editar ao ano seguinte, 1939, o seu primeiro título ''El correo de los enamorados'', de Adela Díaz González.
 
Liña 23:
En 1969 publicou unha das súas obras máis vendidas, ''Os cen mellores poemas da lingua galega'', unha antoloxía que tivo moi boa acollida de público e chegou ás catro edicións en 1975. Por iniciativa de Alonso Montero xurdiu a publicación das ''Prosas recuperadas'' de Castelao en 1974.
 
=== Os autores ===
Podemos salientar algunhas das obras dos autores mencionados como colaboradores do proxecto editorial:
* ''La palabra en la realidad'', Xesús Alonso Montero, 1963.
* ''Terra Cha'', Manuel María, 1954, 3ª ed. 1972.
* ''Espantallo amigo'', Xosé Neira Vilas, 1971.
* ''Retrincos'', Alfonso Daniel R. Castelao, 1962, 4ª ed. 1971.
 
Manuel María publicou tamén en Celta:
* ''Documentos persoaes'', 1958 (2ª ed. en 1970).
* ''Libro de pregos'', 1962, ano en que tamén sairá na editorial lucense unha 2ª edición corrixida e aumentada de ''Contos en cuarto crecente''.
* ''Os soños na gaiola'', que foi inicialmente publicado en 1968 por Cartonaxes Anmi, é reeditado por Celta en 1972, xa como edición comercial.
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* ''[[Enciclopedia Galega Universal]]''. Vigo, [[Ir Indo]], 1999-
* {{SmallcapsVersaleta|Rodríguez Iglesias, Francisco}} (ed.): [[Proxecto Galicia|Galicia]]. ''Literatura''. A Coruña, [[Hércules de Edicións]], 2000- (6 vols.)
* Artigo "CELTA, Edicións" en ''[[Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada]]''.
* {{SmallcapsVersaleta|[[Dolores Vilavedra|Vilavedra, Dolores]]}} (coord.): ''Diccionario da Literatura Galega'', Vigo, [[Editorial Galaxia|Galaxia]], 1995-2003 (4 vols.)
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://ediciongaliciafranquista.udc.es/ Edición en Galicia durante a etapa franquista] [[Universidade da Coruña]].
 
[[Categoría:Editoriais de Galicia]]