Antolín Faraldo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot: Cambio o modelo: Smallcaps; cambios estética
Liña 2:
'''Antolín Faraldo Asorey''', nado en [[Betanzos]] o [[2 de setembro]] de [[1822]] e finado en [[Granada, España|Granada]] o [[20 de xuño]] de [[1853]], foi un [[escritor]] e [[xornalista]] [[Galicia|galego]] e un dos pais do movemento [[provincialismo galego|provincialista galego]] da primeira metade do [[século XIX]].
 
== Traxectoria ==
Antolín era fillo de Feliciano Vicente Faraldo e de Francisca Asorey Canda. O seu pai, escribán, era un activo defensor do [[absolutismo]], aspecto que influíu decisivamente na súa ideoloxía.
 
Liña 9:
En [[1842]] incorpórase como xornalista ó xornal ''[[El Recreo Compostelano]]'', que dirixía [[Antonio Neira de Mosquera]], e do que pronto se convertería en redactor principal empregando o [[pseudónimo]] de ''Abenhumeya''.
 
=== Participación na Revolución de 1846 ===
Entre febreiro e outubro de [[1845]] funda e dirixe, xunto con [[José Rúa Figueroa]] e [[Antonio Romero Ortiz]], ''[[El Porvenir (1845)|El Porvenir]]''. A revista, cuxo subtítulo era ''Revista de la Juventud Gallega'', e que na súa cabeceira rezaba ''Todo para Galicia'', serve a Faraldo de plataforma para expoñer o seu modelo político de [[Galicia]], sempre mantendo unha liña [[liberalismo|liberal]] e [[provincialismo galego|rexionalista]]. O devandito modelo veríase plasmado coa súa participación na chamada [[Mártires de Carral|Revolución de 1846]], para a cal redacta o [[15 de abril]] de [[1846]] a proclama de constitución da ''Xunta Provisional de Goberno de Galicia'', da que era secretario.
 
Fracasado o intento de revolución, o [[26 de abril]] dese mesmo ano vese obrigado a [[exilio|exiliarse]] en [[Portugal]], xunto a outros compañeiros, a bordo do buque ''Nervión''. O [[8 de setembro]] é condenado en rebeldía polo citado levantamento, aínda que ó ano seguinte lograría a amnistía, instalándose en [[Madrid]]. Alí dirixiu durante un breve período a publicación ''La Europa'', para perderse despois a súa pista histórica ata o seu falecemento en Granada, á pronta idade de trinta anos.
 
== Pensamento político ==
[[Ficheiro:Busto de Antolín Faraldo en Betanzos.jpg|miniatura|200px|Busto de Faraldo en Betanzos, obra de 1995 do escultor [[Eduardo Rodríguez Osorio]].<ref>[http://esculturaseduardosorio.blogspot.com.es/p/trayectoria.html Esculturas de Eduardo Osorio]</ref>]]
Cunha Galicia en crise debido, principalmente, ó intenso [[centralismo]] aplicado pola [[Casa de Borbón en España|monarquía borbónica]], a visión provincialista de Faraldo supúxolle ser recoñecido por autores como [[Manuel Murguía]] como "o primeiro e o mellor" dos precursores do chamado [[Rexurdimento]] (en ''[[Los precursores]]'', de [[1886]]).<ref>[http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/en/consulta/registro.cmd?id=7242 ''Los Precursores''] en Galiciana, Biblioteca de Galicia.</ref>
Liña 26:
No entanto, o fracaso da Revolución de 1846 e o seu posterior exilio truncaron as súas ilusións políticas, que xa non se plasmarán nos textos por el escritos desde ese momento e ata o seu falecemento.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat}}
=== Bibliografía ===
* {{SmallcapsVersaleta|Navas Ruíz, Ricardo}}. ''El Romanticismo español''. Madrid: Cátedra, 1982 (3.ª ed.).
* {{SmallcapsVersaleta|[[Baldomero Cores Trasmonte|Cores Trasmonte, Baldomero]] [[et al.]]}}. [[Gran Enciclopedia Galega]]. Tomo 11. Santiago de Compostela, [[Silverio Cañada]] Ed. 1974.
 
=== Ligazóns externas ===
* [https://xornaldebetanzos.wordpress.com/2009/10/04/antolin-faraldo-el-gran-desconocido/ "Antolín Faraldo, el gran desconocido"] 4/10/2009 {{Es}}.
* {{SmallcapsVersaleta|[[Suso de Toro|Toro, Suso de]]}}. [http://elpais.com/diario/2010/10/01/galicia/1285928309_850215.html "Faraldo, un cometa na revolución"] ''[[El País]]'', 1/10/2010.
* [http://www.elidealgallego.com/articulo/area-metropolitana/betanzos-qu-hay-de-lo-de-antoln-faraldo/20110913230000008998.html "Betanzos-¿Qué hay de lo de Antolín Faraldo?"] ''[[El Ideal Gallego]]'', 13/9/2011 {{Es}}.
 
{{ORDENAR:Faraldo Asorey, Antolin}}
 
[[Categoría:Finados en 1853]]
[[Categoría:Nados en Betanzos]]