Mumia Abu-Jamal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m Arranxiño
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Mumia Abu-Jamal''' (anteriormente chamado '''Wesley Cook'''), nado en [[PhiladelphiaFiladelfia]] o [[24 de abril]] de [[1954]], é un xornalista e activista político [[afroamericano]], actualmente na cadea baixo a acusación de asasinato. Membro dende cedo do [[Panteras Negras|Partido Pantera Negra]], Abu-Jamal foi encarcerado en [[1981]] polo asasinato do policía Daniel Faulkner, de [[PhiladelphiaFiladelfia]]. En principio foi condeado a [[pena de morte]], pero a súa sentenza foi revisada en decembro de [[2001]] e substituída pola de [[cadea perpetua]]. Abu-Jamal cumpre a súa pena na prisión de máxima seguridade SCI-Greene.
 
O caso de Abu Jamal recibiu atención internacional. Moitos dos seus simpatizantes proclaman a súa inocencia e denuncian que a súa detención e condena foron motivadas por causas políticas, considerándoo un [[preso político]]. Os detractores, pola súa banda alegan que foi legalmente condenado por asasinato e que tivo o beneficio dunha revisión do proceso.
Liña 8:
Conscienciado políticamente dende moi novo, Mumia participa con catorce anos dun boicot á campaña presidencial de [[George Corley Wallace]]. Tras ser expulsado do mesmo, será agredido por un grupo de simpatizantes. Segundo conta el mesmo <ref>''Live from Death Row''</ref>, ao pedir axuda á policía, Mumia recibe por toda resposta unha patada na cara por parte dun axente. Nas súas palabras "esa patada mandoume a ingresar nas [[Panteras Negras]]".
 
En [[1968]] convértese en membro fundador dos [[Panteras Negras|Partido Pantera Negra]] de PhiladelphiaFiladelfia. No [[1970]] traballa para o xornal do partido en [[Oakland, California|Oakland]], [[California]], regresando a [[PhiladelphiaFiladelfia]] pouco despois. Comeza a traballar en distintos medios como xornalista radiofónico. O seu compromiso político como xornalista, sempre crítico co poder, fai que comece a ser coñecido como ''Voice of the voiceless'' (A voz dos sen voz).
 
Despois de que no [[1978]] se produza o ataque policial contra os locais da asociación [[MOVE]] de [[Powelton Village]], co resultado de 11 mortos, Mumia denunciará firmemente a versión oficial. Isto fai que sexa marcado pola policía de [[PhiladelphiaFiladelfia]] como xornalista a vixiar e que finalmente perda o seu traballo como xornalista.
 
No momento do asasinato de Faulkner, Abu-Jamal traballaba como taxista para unha compañía de [[PhiladelphiaFiladelfia]], a consecuencia dese despido, porén seguía a ser o presidente da sección de PhiladelphiaFiladelfia da [[Asociación de Xornalistas Negros]]. A revista ''PhiladelphiaFiladelfia'' nomeárao ese mesmo ano como unha das promesas da cidade.
 
== O asasinato de Daniel Faulkner ==
O [[9 de decembro]] de [[1981]], sobre as 3:51 da madrugada, o oficial de policía de [[PhiladelphiaFiladelfia]] [[Daniel Faulkner]] foi asasinado a tiros tras dar o alto a un vehículo conducido por William Cook, o irmán máis novo de Abu-Jamal.
 
Segundo a secuencia dos feitos aceptada no xuízo polo xurado, tras deter o coche de Cook, este atacou a Faulkner, e o policía, á súa vez, tratou de reducilo. Nese momento, Abu-Jamal saíu dun taxi próximo e disparou a Faulkner polas costas. Faulkner devolveu os disparos, ferindo gravemente a Abu-Jamal. Nese momento Abu-Jamal avanzou sobre o policía, disparándolle catro tiros a queimarroupa, un dos cales impactou na cabeza, matándoo.
Liña 30:
Varias testemuñas fixeron declaracións escritas, ben á policía na escena do crime, ben no xulgado, ou en ambas situacións, contando que viran a un ou varios homes correndo pola rúa pouco despois do tiroteo. No xuízo, a defensa presentou declaracións feitas por catro destas testemuñas oculares: Deborah Kordansky, Robert Chobert, Veronica Jones, e Desie Hightower, como parte da estratexia que se coñecería como "a teoría do home que corre", baseada na posibilidade de que ese home puidese ser, verdadeiramente, quen disparou. Destas catro testemuñas só unha, Chobert, vira realmente o tiroteo, e pouco despois deste, dixéralle á policía que vira a Jamal disparar a Faulkner na cara, correr despois unha distancia pequena e caer na beirarrúa, a consecuencia do disparo recibido de Faulkner. As outras tres testemuñas fixeron varias declaracións sobre un home ou homes que corrían cara a ou dende a escena do crime, pero ningunha delas declarou que o home que corría estivese involucrado no tiroteo.
 
Finalmente, tres testemuñas adicionais, incluíndo a garda de seguridade do hospital Priscilla Durham, e dous membros do departamento de policía de PhiladelphiaFiladelfia declararon que mentres Abu-Jamal era tratado da súa ferida, dixo que disparara a Daniel Faulkner e que esperaba que morrese, dicindo concretamente: "Eu disparei a ese fillo de puta, e espero que morra". De todos xeitos existen algunhas evidencias que contradín o argumento de que Abu-Jamal admitise a súa culpabilidade no hospital. O persoal médico declarou que no momento en que supostamente se inculpou, Abu-Jamal estaba incosciente.
 
Durante o xuízo, a garda de seguridade do hospital, Pricilla Durham, testemuñou que escoitara laiarse a Abu-Jamal mentres xacía sangrando. O [[24 de abril]] de [[2003]] o medio irmán de Priscilla Durham, [[Kenneth Pate]] fíxolles chegar unha declaración aos avogados de Abu-Jamal onde afirmaba que Priscilla lle confirmara nunha conversa privada que o único que escoitara dicir a Abu-Jamal aquela noite fora "sácame de aquí, están intentando matarme". A conversa tivera lugar vinte anos antes, nun momento en que Pate se atopaba na mesma prisión que Abu-Jamal.
Liña 74:
En outubro de [[2003]], concedéuselle a Mumia Abu-Jamal o status de cidadán honorario de [[París]] nunha cerimonia presidida pola [[Panteras Negras|pantera negra]] [[Angela Davis]]. [[Bertrand Delanoë]], alcalde de París, dixo nunha rolda de prensa que o premio era un recoñecemento á loita contra a [[pena de morte]], abolida en [[Francia]] en [[1981]]. A proposta de facer a Abu-Jamal, cidadán adoptivo fora aprobada polo concello da cidade no 2001. No ano [[2006]] a cidade de [[Saint-Denis]], en [[Francia]], decidiu que a partir do [[29 de abril]] dese mesmo ano, a avenida que chegaba ao estadio [[Nelson Mandela]] pasase a chamarse rúa Mumia Abu-Jamal.
 
A finais de [[2006]] os políticos [[Michael Fitzpatrick]], e [[Richard Santorum]], ambos do [[Partido Republicano (Estados Unidos)|Partido Republicano]] de [[PennsylvaniaPensilvania]], promoveron varias resolucións legais en relación a distintos organismos responsábeis das relacións internacionais. As resolucións baseábanse en tres propostas:
* condenar o asasinato do oficial de policía de [[PhiladelphiaFiladelfia]] [[Daniel Faulkner]].
* requirirlle á cidade de [[Saint-Denis]] que mudase o nome da rúa Mumia Abu-Jamal e, de non facelo, requirirlle ao goberno francés que iniciase accións contra a cidade para forzala a iso.
* facer loanza dos oficias de policía de todo o mundo, pola súa loita contra o crime e pola seguridade pública.
 
O [[6 de decembro]] de [[2006]] a [[Cámara de Representantes]] votou por 368 contra 31, unha condena á decisión da cidade [[Francia|francesa]] de [[Saint-Denis]] de poñerlle o nome a unha rúa en honra de Mumia Abu-Jamal. O [[11 de decembro]] de [[2006]], o comité executivo do [[Partido Republicano (Estados Unidos)|Partido Republicano]] para [[PhiladelphiaFiladelfia]] e [[Germantown]] presentou cargos legais contra a cidade de [[París]] e contra a cidade de Saint-Denis por glorificar a figura de Abu-Jamal.
 
=== A solicitude para revalidar a condena a morte ===
 
O [[17 de marzo]] de [[2006]] a Commonwealth de [[PennsylvaniaPensilvania]] presentou unha solicitude para revalidar a orde de execución de Abu-Jamal. O [[23 de outubro]] de [[2006]] presentouse tamén unha petición á Corte de Apelación dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], para anular o primeiro xuízo. En opinión dos avogados de Mumia, sería a única alternativa de conseguir xustiza para o seu defendido.
 
== Vida en prisión ==
Liña 94:
{{listaref|1}}
 
{{ORDENAR:Abu-Jamal, Mumia}}
[[Categoría:Membros das Panteras Negras|Abu-Jamal]]
 
[[Categoría:Membros das Panteras Negras|Abu-Jamal]]
[[Categoría:Nados en 1954]]
[[Categoría:Nados en Filadelfia, Pensilvania]]