The Karate Kid (filme de 2010): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 28:
 
==Argumento==
A historia está baseada no filme ''[[The Karate Kid (filme de 1984)|The Karate Kid]]'' de [[1984]], pero con algunhas diferenzas. Ós doce anos de idade, Dre Parker ([[Jaden Smith]]) é un rapaz popular de [[Detroit]] ata que el e a súa nai viúva ([[Taraji P. Henson]]) múdanse por razóns de traballo. Na súa nova casa de [[BeijingPequín]], Parker namórase dunha rapariga da escola, Mei Ying ([[Wen Wen Han]]). Os outros nenos da escola teñen dificultades para facer amizade con el debido a diferenzas culturais. Para empeorar as cosas, esta atracción transfórmao no inimigo do problemático Cheng ([[Zhenwei Wang]]), quen tentará facerlle a Dre a vida máis difícil no seu novo fogar.
 
Cos nenos constantemente acosándoo, e sen ninguén máis a quen acudir, as perspectivas para a nova vida de Parker semellan terríbeis, ata que coñece ó Sr. Han ([[Jackie Chan]]), un peculiar mestre de [[Kung fu]]. Empregando métodos pouco convencionais, o Sr. Han ensínalle a Parker técnicas que o axudarán a se defender.