Robert Boyle: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Traxectoria: mudi a date do ano de nicemento.
Banjo (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 200.19.200.136 (conversa); cambiado á última versión feita por Alfonso Márquez
Liña 29:
Robert Boyle naceu no [[castelo Lismore]], na provincia de [[Munster]], [[Irlanda]]. Aínda pícaro, aprendeu a falar [[latín]] e [[Lingua francesa|francés]], sendo enviado con tan só oito anos ao [[colexio Eton]], do cal era director o amigo do seu pai ''Sir'' [[Henry Wotton]]. Tras cursar estudos durante tres anos no colexio, partiu de viaxe cun titor francés. Pasou preto de dous anos en [[Xénova]] e visitando [[Italia]] en [[1641]], pasou o inverno en [[Florencia]] estudando os [[paradoxo]]s de [[Galileo Galilei]] quen falecería ao ano seguinte.
 
De retorno a [[Inglaterra]] en [[11644]] atopouse con que o seu pai falecera deixándolle o señorío de [[Stalbridge]] en [[Dorset]], e facendas en [[Irlanda]]. Dende entón, dedicaría a súa vida ao estudo e investigación científicas, tomando axiña un lugar prominente entre os inquisidores coñecidos como o Colexio Invisible ''(Invisible College)'', cuxos membros se consagraban ao cultivo da "nova filosofía" (a ciencia). Os seus membros reuníanse con frecuencia en [[Londres]], a miúdo no [[colexio Gresham]]; algúns mantiñan ademais reunións en [[Oxford]], cidade á que Boyle trasladou a súa residencia en [[1654]].
 
En 1657, lendo sobre da bomba de aire de [[Otto von Guericke]], propúxose coa axuda de [[Robert Hooke]] desenvolver melloras na súa construción, que deron por resultado a ''máquina Boyleana'' ou ''máquina pneumática'' finalizada en [[1659]] e coa que comezou unha serie de experimentos sobre as propiedades do [[aire]]. En [[1660]], publicou unha relación dos traballos realizados con ese instrumento co título ''New Experiments PhysicoMechanical touching the spring of air and its effects'' (Novos experimentos físico-mecánicos sobre a elasticidade do aire e os seus efectos).