Pardo de Cela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 91.116.188.204 (conversa); cambiado á última versión feita por BanjoBot 2.0
extorquir*
Liña 3:
|título = Mariscal
|imaxe = Pero pardo de cela.jpg
|tamaño de imaxe = 200220 px
|epígrafe = Copia dun lenzo que representa a Pedro Pardo de Cela no Castelo da Frouxeira
|reinado =
Liña 31:
|lema =
}}
'''Pedro Pardo de Cela Aguiar e Ribadeneira''', coñecido como don '''Pedro Pardo de Cela''', nado en [[Betanzos]] cara ao [[1425]] e degolado en [[Mondoñedo]] o [[17 de decembro]] de [[1483]]<ref>Ou o 3 de outubro, segundo o testamento presentado en 2013: [http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=22098&soportal= presentado"Descobren eno 2013testamento de Pardo de Cela. O Mariscal morreu o 3 de outubro de 1483 e tiña un fillo ilexítimo"] 23/6/2015, culturagalega.gal.</ref>, foi un [[mariscal]] galego medieval, decapitado diante da [[catedral de Mondoñedo|catedral mindoniense]] por mandato do gobernador do [[reino de Galicia|reino]] nomeado polos [[Reis Católicos]].
 
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:CasteloCastrodouro.JPG|miniatura|dereita|240px250px|Torre do [[castelo de Castrodouro]], e ruínas das murallas ao fondo.]]
Segundo fillo de [[Xoán Nunes Pardo de Cela]], ''o Vello'', comendeiro de bispado de Mondoñedo, e de Teresa (ou Violante) Rodríguez de Aguiar, ao falecer seu irmán herdou as propiedades e privilexios da familia. A súa posición mellora ao casar coa filla do Conde de Lemos, [[Isabel de Castro]], que viñera co seu tío, [[Pedro Enrique de Castro]], bispo de Mondoñedo (1426-1445) á cidade episcopal, onde Pardo de Cela era [[meiriño]], en representación da [[Condado de Lemos|Casa de Lemos]]. O bispo deulle en dote de voda todas as rendas do bispado, agás as que necesitaba para o seu sustento. Falecido o bispo en [[1445]], Pero Pardo trasládase a [[Viveiro]], onde chega a ser [[alcalde]] (a mención máis antiga que se ten del é unha sentenza de 1464 en que se titula alcalde de Viveiro e comendeiro do bispado) e en [[1474]] xa ten o título de Mariscal. Merca a "[[casa do Carballo de Galdo]]", cabeza do seu [[morgado]]. Adquiriu moitos beneficios por herdanza, matrimonio e concesión real.
 
{{cita|Pedro Pardo Mariscal, cuya casa era de muy buenas cinquenta lanças, y que ajuntaba quatro o çinco mil peones.<ref>[[Vasco da Ponte]]. ''Recuento de las casas antiguas del reino de Galicia''. Parágrafo. 180.</ref>}}
 
Foi pai de [[Constanza de Castro]] e de Beatriz:
{{cita|Desde que fue gran señor el mariscal Pedro Pardo, casó su hija Beatriz con Pedro de Bolaño, y sacóse toda la casa de Ribadeneyra,..<ref>[[Vasco da Ponte]]. ''Recuento de las casas antiguas del reino de Galicia''. Par. 114.</ref>}}
 
=== A revolta irmandiña ===
{{Artigo principal|Revolta irmandiña}}
A pesar de que a historiografía galeguista chegase ao extremo de facer del un [[irmandiño]], o certo é que foi un dos seus máis acérrimos inimigos e tivo que fuxir de Galiza até a restauración nobiliaria. Da súa ferocidade dá conta a famosa frase referida por Pedro Paxariño no [[preito Tabera - Fonseca]], onde Pardo de Cela lle di ao Conde de Lemos que aforque todos os seus servos:
{{Cita|... e dize el dicho testigo que al dicho tienpo Pardo de Cela, mariscal, dixera al dicho Conde que ynchiese los carballos de los dichos basallos, e quel dicho Conde dixera que no queria, que no se abia de mantener de los carballos<ref>Preito Tabera - Fonseca, Folio 341.</ref>}}
 
Ao finalizar a revolta co restabelecementorestablecemento da nobreza e da [[Santa Irmandade]], aínda ficaron preitos pendentes, en [[1467]] a Condesa de Santa Marta queixábase á irmandade:
 
{{Cita|... Pedro Pardo e Diego Dandrada, fijo de Ferán Peres Dandrada, injustamente e por fuerça e contra voluntad mia e del dicho conde, mi fijo, nos çercaron e tomaron la nuestra villa e fortalesa de Santa Marta de Hortigueira... e nos la tienen asy tomada...<ref>Archivo Histórico Nacional, diversos, Colección diplomática, Ed. Pardo de Guevara y Valdés: ''Notas para una relectura del fenómeno hermandino de 1467''.</ref>}}
 
En [[1469]] o Concello de Viveiro envía unha relación ao rei, na que se queixan da violencia dos nobres:
{{Cita|...agora el Conde de Lemos ... et Pedro Pardo ... et otros algunos caballeros et comenderos, con favor de Juan de Vivero et de otros caballeros que fueron en desfacer la hermandad, fazen a la villa y vezinos della toda guerra et mal et daño, robandoles las iglesias et prendiendolos et rescatandolos.<ref>Archivo Histórico Nacional, diversos, Colección diplomática, Ed. Villaamil y Castro "El Mariscal Pardo de Cela", en ''Galicia Histórica'', I, páxinas 83-98.</ref>}}
 
=== A guerra de sucesión ===
{{Artigo principal|Guerra de Sucesión Castelá}}
[[Ficheiro:Isabel la Católica-2.jpg|miniatura|dereita|A raíña [[Isabel I de Castela|Sabela]] era curmá de [[Isabel de Castro]], a muller de Pero Pardo.]]
Á morte de [[Henrique IV de Castela]], a maioría da nobreza castelá apoiou a causa de [[Isabel de Castela]], acusando á filla do rei [[Xoana a Beltranexa|Xoana]] de ser filla ilexítima de [[Beltrán de la Cueva]] e alcumándoa ''la Beltraneja''. A nobreza galega en xeral apoiou á herdeira máis lexítima que ademais supoñía a unión dos reinos de Castela e Portugal fronte á unión con Aragón. Pardo de Cela, xunto coa súa familia política e o bispo [[Alonso I de Fonseca]], puxéronse da parte de Isabel e parece que o mariscal chegou a combater en [[Zamora]]. Participou tamén xunto a Fonseca no cerco a [[Pontevedra]] de 1476.
 
=== O enfrontamento coa coroa ===
O seu apoio a [[Isabel a Católica]] contra a pretendente lexítima [[Xoana a Beltranexa]] foi axiña recompensada pola nova raíña ratificando todos os seus privilexios e sendo confirmado no seu cargo de alcalde de Viveiro. Pero o mariscal non ía acomodarse á política de control da nobreza dos novos reis e logo entrou en conflito con eles. No [[1476]] é destituído da alcaldía polos [[Reis Católicos]]. O 10 de xuño de 1478 os reis comínano a satisfacer as súas débedas coa coroa inmediatamente e o 26 dese mes [[Fernando de Aragón]] prohíbelle construír fortalezas, utilizar portos e entrar en Viveiro e na súa comarca, baixo pena de confiscación. Ese mesmo ano os Reis Católicos escriben aos concellos de Santa Marta de [[Ortigueira]] e [[Mondoñedo]] para que non o deixen entrar nas súas lindes. É neste clima de enfrontamento cos cidadáns e coa coroa que chega a Galiza en [[1480]] [[Fernando de Acuña]] con ordes claras de pacificar o reino e restabelecer os dereitos usurpados, como lle escribiu a raíña ese mesmo ano:
{{Cita|en el reino de Galicia ay muchas fortalezas roqueras e otras casas fuertes en que se an fecho muchos daños, e robos, e muertes... por ende mandamos que todas las fortalezas e casa fuertes que bos entendierades que son dañosas.. sin dilaçión alguna las tomedes e derribedes<ref>L.Laura Fernández Vega, ''La Real Audiencia de Galicia'', [[Deputación Provincial de Ada Coruña]], 1982 pp8pp 8-9.</ref>}}
 
Asustado ante o perigo que corre a súa vida, pide unha carta de "seguro e amparo" aos Reis e refúxiase na [[Castelo da Frouxeira|Fortaleza da Frouseira]], onde se fai forte e derrota decote ás tropas castelás e ás "hermandades", comandadas por Acuña e [[Luis de Mudarra]]. A raíña confirma en carta a Fernando de Acuña o 4 de novembro de 1480 a fidelidade do seu vasalo:
{{Cita|los buenos e leales serviçios que Pedro Pardo de Cela, mi vasallo, a fecho e face cada dia<ref>Historia de Galicia, Via Láctea Volume III páx. 317</ref>}}
 
Aínda así a súa persecución continúa. En 1483 cae a fortaleza da Frouseira e o 7 decembro é detido na casa de Fonsa Yáñez en [[O Castro de Ouro, Alfoz|Castrodouro]] (no actual concello de [[Alfoz]], [[Lugo]]) e lévano preso a [[Mondoñedo]], onde dez días despois lle cortan a cabeza "por cruel e poderoso", segundo palabras do Poder Real.
[[Ficheiro:Catholic monarch territories-1500.jpg|miniatura|dereita|400px300px|Mapa dos reinos e territorios gobernados polos [[Reis Católicos]] arredor do ano 1500. A dúas cores os reinos que foron sometidos ou anexiadosanexados no seu mandato; [[reino de Galicia|Galicia]], [[reino de Navarra|Navarra]] e [[reino de Granada|Granada]].]]
A causa da súa morte non fica clara. A tradicional atribución a unha vontade explícita dos reis non está documentada, o que levou a algúns estudosos a atribuíla a enfrontamentos coa nobreza local que naquel momento apoiaba a Acuña (e que tiña moitos asuntos pendentes co mariscal). Xa as crónicas da época insinúan a situación de Acuña aínda que sen deixar claro quen apoiaba a quen:
{{cita|'''442'''. Y don Fernando de Acuña arto tenia que haçer, porque tenia çercado a Pedro Pardo en Pena Frouseira... '''443'''. Esto lo causaba que los señores eran todos a una, y teniendo por caveza mayor al conde viejo de Lemos don Pedro Alvarez de Cabreyra, que en toda cosa los ayudaba. Mas dende un año se fallesçió, que era lumbre y luz de los cavalleros de Galiçia. Y dende a seis meses cortaron la cabeça a Pedro Pardo o mariscal. Y todos los señores se reçelaban.<ref>[[Vasco da Ponte]]. ''Recuento de las casas antiguas del reino de Galicia ''.</ref>}} Isto apoia a teoría de que Acuña, incapaz de controlar o territorio aproveitou un momento de debilidade dos seus opoñentes coa morte do Conde de Lemos para dar un golpe de forza e intentar subxugar á nobreza rebelde. Isto concorda co feito de que Fernando de Acuña foi deposto do seu cargo a comezos do ano seguinte, aínda que non perdeu a confianza dos reis e acabaría os seus días como [[vicerrei]] en [[Sicilia]].
 
[[Ficheiro:A Mariscala.JPG|miniatura|dereita|200px|A Mariscala, cadea que a tradición di que mantivo preso a Pardo de Cela.]]
A figura do mariscal é unha das máis mitificadas da [[Historia de Galicia]]. Moitas veces foi usada como símbolo de resistencia da nobreza galega fronte á castelá, visión que a historiografía deu como simplificada por demais. Da mesma forma, tamén o é a intención de facer do mariscal un criminoso sen escrúpulos. Pardo de Cela era un personaxe normal no seu contorno: A nobreza galega da época que dubidaba entre a unión con Portugal ou con Castela e que intentaba extorquir* aos servos de tal forma que deu lugar ás revoltas irmandiñas.
 
A figura do mariscal é unha das máis mitificadas da [[Historia de Galicia]]. Moitas veces foi usada como símbolo de resistencia da nobreza galega fronte á castelá, visión que a historiografía deu como simplificada por demais. Da mesma forma, tamén o é a intención de facer do mariscal un criminoso sen escrúpulos. Pardo de Cela era un personaxe normal no seu contorno: A nobreza galega da época que dubidaba entre a unión con Portugal ou con Castela e que intentaba extorquir aos servos de tal forma que deu lugar ás revoltas irmandiñas.
 
== A lenda ==
Segundo a lenda os mandatarios reais tramaron a traizón da Frouseira ante a imposibilidade de poder conquistala. A Pardo de Cela teríano vendido os 23 criados que defendían a fortaleza. Os "[[cantares]]" din que o traidor foi Roi Cofano do Valadouro. A rexa loita durante tres anos na [[Frouseira]], a traizón dos criados e oa degolamentodegolación, coas semellanzas á morte de [[Cristo|Xesús]], convérteno axiña en "mito" e comeza a ser trobado en feiras e mercados.
{{Cita|Per treyzón tamén vendido<br>
Jesús, nosso Redentor,<br>
Liña 84 ⟶ 83:
 
=== A Ponte do Pasatempo ===
[[Ficheiro:Ponte Pasatempo.jpg|miniatura|dereita|245px|A Ponte do Pasatempo en [[Mondoñedo]].]]
Non obstante, a lenda máis tradicionalmente asentada en torno á execución do Mariscal, di que a súa muller, Isabel de Castro traía con ela o perdón real cando foi entretida nun lugar coñecido coma a "'''Ponte do Pasatempo'''" polas xentes do bispo de [[Mondoñedo]], inimigo do Mariscal. Porén, a execución estaríase a consumar e a cabeza do mariscal, xa desprendida do corpo, estaría a rodar polos banzos do cadafalso, mentres os seus beizos aínda pronunciaban as verbas "''credo, credo, credo''".<ref>[http://www.pangalaica.com/britonia/contos/cela2.htm A execución do Marechal Pero Pardo de Cela].</ref>.
 
Actualmente, a Ponte do Pasatempo é aínda un lugar visitado de [[Mondoñedo]] e a lenda en torno á morte do Mariscal ten feito correr ríos de tinta en forma de poemas, cancións, novelas, ensaios histórico-lendarios e análises científico-históricas destinados a esclarecer que parte podería ter de verdade a lenda de Pardo de Cela.
 
== A tumba do mariscal ==
O único que sabemos dos últimos meses do Mariscal é grazas á chamada "[[Relazón da carta executoria]]" (da cal existen tres versións, dúas en galego e unha en castelán). Unha ''Relazón'' foi atopada no pazo dos [[Taboi, Outeiro de Rei|Taboi]], concello de [[Outeiro de Rei]], e escrita con case toda seguridade por un membro da familia dos Saavedra, aló polo ano [[1515]].
 
Nese texto, exprésase a propósito do seu soterramento:
Liña 96 ⟶ 95:
{{cita| [...] o sepultaron junto a o Pulpito do Evangeo, é porta da Capela mor da Catredal, con grande autoridad. Degolaron juntamente co él á Pero de Miranda Saavedraa é Castro seo fillo, é da súa muller Dona Isabela de Castro''.}}
 
[[Ficheiro:MondonhedoCatedral.jpeg|miniatura|240px|dereita250px|Pero Pardo foi degolado publicamente na praza de [[Mondoñedo]] fronte á [[catedral de Mondoñedo|catedral]]]]
Parece que foi exactamente así como di a "Relazón" pois, ao facer unhas obras na [[Catedral de Mondoñedo|catedral mindoniense]] o día [[16 de marzo]] de [[1965]], quedou ao descuberto unha sepultura co escudo de armas do Mariscal e coa inscrición '''Pardo de Cela arno de Viveiro''' no mesmo sitio que sinala o documento. Levantada a lápida, apareceron tres cranios cos ósos correspondentes e, debaixo deles, os restos do citado arcediago, Xoán Pardo de Cela, que morreu no [[1613]].
 
Como sinala o doutor Enrique Cal Pardo no prólogo do libro "''Mito do Mariscal''" é evidente a relación familiar dos restos do Mariscal e do seu fillo coa tumba do arcediago se engadimos que ademais se atopou unha moeda coa efixie de [[Henrique IV de Castela|Henrique IV]] –segundo testemuño do doutor D. F. Mayán, presente durante a apertura da tumba-. Evidentemente esta moeda non podía ser do arcediago.
 
Co gallo destas obras trasladouse a lápida do Mariscal a outro sitio da [[Catedral de Mondoñedo|Catedral mindoniense]]. Concretamente púxose enfronte da capela da Virxe Inglesa. Durante este traslado deteriorouse a lápida: aínda hoxe ten cemento enriba e na actualidade é ilexible. A colocación orixinal da tumba era xunto a ''o Pulpito do Evangeo, e porta da Capela mor da Catedral'' segundo a familia Saavedra.
 
== Notas ==
{{Listaref|2}}
<references/>
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* {{Smallcaps|[[Carlos Barros|Barros, Carlos]]}}: [http://www.h-debate.com/cbarros/spanish/mitos_gal.htm "Mitos da historiografía galeguista"], publicado en versión reducida en "Mitos de la historiografía galleguista", ''Manuscrits. Revista d’història moderna'' 12, Barcelona, 1994, pp. 245-266.
* ''O mito do Mariscal Pardo de Cela : historia, lendas e literatura'', Meilán García, Antonio José, Asociación Cultural O Mundo de Galea (2004) ISBN 84-609-1128-4
* {{Smallcaps|González Paz, Carlos Andrés}}: [http://www.liceus.com/cgi-bin/ac/pu/Art%EDculo%20Pardo%20de%20Cela.pdf "El Mariscal Pardo de Cela y la Iglesia mindoniense: mito y realidad"] [[Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento]], [[CSIC]]-[[Xunta de Galicia]]), 12 pp. {{es}}.
* ''Pardo de Cela y Galicia'', [[Eduardo Pardo de Guevara y Valdés|Pardo de Guevara y Valdés, Eduardo José]], Alvarellos Editora Técnica (1981) ISBN 84-85311-39-6
* {{Smallcaps|Meilán García, Antonio José}} (2004): ''O mito do Mariscal Pardo de Cela : historia, lendas e literatura'', Meilán García, Antonio José, Asociación Cultural O Mundo de Galea (2004). ISBN 84-609-1128-4.
* ''O Mariscal Pardo de Cela e o seu tempo : I Xornadas de Estudios Medievais da Mariña Central, celebradas do 4 ó 7 de decembro de 2004 en Alfoz, Xornadas de Estudios Medievais da Mariña Central'', Deputación Provincial de Lugo. Servicio de Publicacións (2006) ISBN 84-8192-344-3
* ''Pardo de Cela y Galicia'', {{Smallcaps|[[Eduardo Pardo de Guevara y Valdés|Pardo de Guevara y Valdés, Eduardo José]]}} (1981) ''El Mariscal Pardo de Cela y la Galicia de fines del siglo XV'', [[Editorial Alvarellos]], Editora TécnicaLugo, (1981)196 pp., ISBN 84-85311-39-6.
* ''Recuento de las casas antiguas del reino de Galicia'',[[Vasco da Ponte]] . Xunta de Galicia. 1986 ISBN 84-505-3389-9
* {{Smallcaps|Pardo de Guevara y Valdés, Eduardo José}} (1986) “Documentos medievales de Betanzos (I). Los Pardo de Cela del siglo XV”, [[Anuario Brigantino]] 9, pp. 23-30.
* {{Smallcaps|Pardo de Guevara y Valdés, Eduardo José}} (1993) "El mariscal Pardo de Cela. Apuntes para una recapitulación necesaria", en ''Conclusións das primeiras xornadas históricas e arqueolóxicas da Mariña Lucense. Foz: A Frouxeira e o Mariscal Pardo de Cela'', Lugo, pp. 118-136.
* {{Smallcaps|Pardo de Guevara y Valdés, Eduardo José}} (2005): "El mariscal Pardo de Cela. Una injusticia ejemplar", Torre de los Lujanes: Boletín de la Real Sociedad Económica Matritense de Amigos del País, 55 , pp. 83-108.
* {{Smallcaps|Pardo de Guevara y Valdés, Eduardo José}} (2006) "El mariscal Pardo de Cela. Leyenda, mito y realidad", pp. 1-63 en ''O Mariscal Pardo de Cela e o seu tempo, I xornadas de historia medieval'', [[Deputación provincial de Lugo]], ISBN 84-8192-344-3.
* {{Smallcaps|Pardo de Guevara y Valdés, Eduardo José}} (2013): "El testamento del Mariscal Pardo de Cela. Noticia del hallazgo y edición del documento", [[Cuadernos de Estudios Gallegos]], LX, núm. 126 , pp. 171-223.
* {{Smallcaps|Ribao Pereira, Montserrat}}: [http://www.cervantesvirtual.com/servlet/SirveObras/scclit/01475175322404284354480/p0000001.htm Estudo"Ecos derománticos Montserrat Ribao Pereira do drama inéditoen ''«El Mariscal Pedro Pardo'']», drama inédito de [[Emilia Pardo Bazán]"]
* {{Smallcaps|[[Vasco da Ponte]]}} (1986): ''Recuento de las casas antiguas del reino de Galicia'',[[Vasco da Ponte]] . [[Xunta de Galicia. 1986]], ISBN 84-505-3389-9.
 
=== Outros artigos ===
* [[Castelo da Frouxeira|A Frouseira]]
* [[Casa do Carballo de Galdo]]
* [[Castelo do Castrodouro]]
Liña 120 ⟶ 126:
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.pangalaica.com/britonia/contos/cela.htm Britonia]
* [http://www.celtiberia.net/articulo.asp?id=1463 Ideas"El sobremariscal aPedro súaPardo vidade Cela"] celtiberia.net, 19/8/2005 {{es}}.
* [http://www.crtvg.es/informativos/atopan-o-testamento-do-mariscal-pardo-de-cela-514432 Achado"Atopan o testamento do Mariscal por Eduardomariscal Pardo de GuevaraCela"] y''Telexornal ValdésMediodía'', [[TVG]], 22/1/2013.
* [http://www.pardodecela.com Páxina oficial da ruta "Pardo de Cela"]
* [http://www.h-debate.com/cbarros/spanish/mitos_gal.htm Mitos da historiografía galeguista] por Carlos Barros, Universidade de Santiago de Compostela, con ampla información
* [http://www.liceus.com/cgi-bin/ac/pu/Art%EDculo%20Pardo%20de%20Cela.pdf O mariscal Pardo de Cela e a igrexa mindoniense, en pdf] {{es}}
* [http://www.vexilologia.es/linajes/cela.htm Brasón dos Pardo de Cela]
* [http://www.cervantesvirtual.com/servlet/SirveObras/scclit/01475175322404284354480/p0000001.htm Estudo de Montserrat Ribao Pereira do drama inédito ''El Mariscal Pedro Pardo''] de [[Emilia Pardo Bazán]]
* [http://www.crtvg.es/informativos/atopan-o-testamento-do-mariscal-pardo-de-cela-514432 Achado o testamento do Mariscal por Eduardo Pardo de Guevara y Valdés]
 
[[Categoría:Personalidades da Idade Media de Galicia]]