Diferenzas entre revisións de «Disquete»

m
sen resumo de edición
m
m
 
== Historia ==
Os disquetes (cuxo nomeenome foi escollido para ser similar á palabra "[[casete]]"), gozaron dunha gran popularidade nas décadas dos oitenta e os noventa, usándose en [[ordenador doméstico|ordenadores domésticos]] e [[ordenador persoal|persoais]] ("PC") tales como [[Apple II]], [[Apple Macintosh|Macintosh]], [[Commodore 64]], [[Commodore Amiga|Amiga]] e [[IBM PC]] para distribuír [[software]], transferir datos entre ordenadores e crear pequenas [[copia de seguridade|copias de seguridade]]. Antes da popularización dos [[disco duro|discos duros]] nos PC, os disquetes usábanse para almacenar [[sistema operativo|sistemas operativos]], [[aplicación informática|aplicacións informáticas]] e outros datos. Moitas PC almacenaban de forma permanente o [[núcleo (computación)|núcleo]] dos seus sistemas operativos en [[memoria ROM|memorias ROM]], pero gardaban os seus sistemas operativos nun disquete, como ocorría con [[CP/M]] ou, posteriormente, con [[DOS]].
 
Tamén foi usado na industria dos [[videoxogo]]s, cando [[Nintendo]] fixo un formato propio de disquete, parecido ao actual de 3 1/2, para usar cun periférico deseñado para a consola [[Famicom]] chamado [[Famicom Disk Drive]]. No entanto, só foi lanzado en [[Xapón]]. Tamén se vendían disquetes en branco, para gravar xogos na rúa, mediante máquinas automáticas instaladas nalgúns lugares de Xapón.
1.061

edicións