Reserva biolóxica Bosque Nuboso Monteverde: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 26:
 
[[Ficheiro:DirkvdM droopy tree.jpg|200px|dereita]]
 
== Historia ==
Na décad de 1960 os biólogos estudaron a zona e documentaron novas especies decatándose da súa grande riqueza. En 1968, o Dr. Joseph Tosi, que traballaba para o [[Centro Científico Tropical]], unha fundación para a conservación tropical, acompañou ao Dr. Leslie Holdridge nunha viaxe a Monteverde. A visita formaba parte dun estudo da rexión norte de Costa Rica, solicitado pola Oficina Nacional de Planificación do goberno. Alí, reuníuse con Hubert Mendenhall, líder da comunidade [[cuáqueros|cuáquera]] que habitaba na zona (os cuáqueros establecéranse alí anos antes fuxindo do seu posible recrutamento para a [[guerra de Corea]]). Ao final da súa visita, Holdridge e Tosi recomendaron aos cuáqueros que os bosques nativos foran preservados o máis posible para protexer as fontes de auga e utilizar os bosques como cortaventos.
 
Pasaron os anos, e en 1972 un xove estudante graduado, George Powell, visitou o Centro Científico Tropical en San José. Viviu en Monteverde mentres facía a súa tese doutoral sobre as aves da zona, e viu que a fauna e os hábitats eran ideais para fins de investigación. Sorprendido pola extraordinaria riqueza biolóxica dos bosques nubrados, e a presenza do raro endemismo do [[sapo dourado]], e alarmados pola depredación causada polos cazadores e os ocupantes de terras, Powell recibiu a promesa da [[Guacimal Land Company]] de que se doarían 328 hectáreas de terra, se podía formar ou atopar unha asociación civil que o patrocinase ao facerse cargo da propiedade. George usou os seus fondos persoais para pagar a varios dos ocupantes ilegais, coa esperanza de establecer unha pequena reserva biolóxica na rexión.
 
Nese momento, había poucos parques nacionais en Costa Rica, e o TSC tiña un programa para crear coutos privados de investigación e ensinanza da bioloxía, onde cada reserva representaría unha área ecolóxica diferente do país. Inmediatamente, o TSC interesouse na oferta de Powell e comenzou o proceso que conduciu á adquisición das 328 hectáreas en abril de 1973. O custo da granxa foi un simbólico 1 [[colón (moneda de Costa Rica)|colón]] (menos de 1 dólar estadounidense).
 
Xunto con Powell, a bióloga costarricense Adelaida Chaverri e o especialista en vida silvestre Christopher Vaughn promoveron a creación deste [[couto privado]], unha idea menos popular. De feito, Adelaida Chaverri converteuse, xunto co Dr. Joseph Tosi e outros membros do TSC, convertéronse en patrocinadores do hoxe é o Bosque Nuboso de Monteverde. Eles proporcionan continuidade ao interese expresado por George Powell, cando obtivo a doazón da primeira parcela de terra para a Reserva.
 
== Bioloxía ==