Intercambiador de calor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Anton45 (conversa | contribucións)
formato
Liña 1:
{{sen referencias}}
{{ligazóns internas}}
{{wikificar}}
{{sen imaxe}}
[[Ficheiro:U-tube heat exchanger.PNG|thumb|300px|Sección de un intercambiador de calor de tipo haz tubular.]]
Un "intercambiador de calor" é un dispositivo deseñado para transferir calor entre dous medios, que estean separados por unha barreira ou que se encontren en contacto. Son parte esencial dos dispositivos de [[calefacción]], [[refrixeración]], [[acondicionamento de aire]], [[produción de enerxía]] e [[procesamento químico]].
 
O intercambiador de calor permite mellorar do rendemento dunha instalación frigorífica ao subenfriar o líquido que admite a [[válvula de expansión]]. Por outra banda implica que o sobrecalentamiento dos vapores que chegan ao compresor sexa máis importante.
 
==Clasificación==
Os intercambiadores de calor poden clasificarse en:
Liña 13 ⟶ 17:
* Os cambiadores de fluxo paralelo(Intercambio líquido-líquido).
* Os cambiadores de fluxo cruzado(Intercambio líquido-gas).
 
===Clasificación dos intercambiadores de calor de superficie===
Os intercambiadores de fluxos paralelos, utilízanse xeralmente para o intercambio térmico líquido-líquido, mentres que os de fluxos cruzados se utilizan xeralmente no intercambio líquido-gas.
 
====Intercambiadores de calor tubulares====
O cambiador indirecto máis simple é o cambiador de tubos concéntricos; consta de dúas canalizacións concéntricas, unha no interior da outra, circulando os dous fluídos polo espazo anular e pola canalización interior. Os fluxos poden ser no mesmo sentido (correntes paralelas) ou en sentido contrario (contracorrente).
 
====Transmisión de calor por conducción====
A condución é a forma en que ten lugar a transferencia de enerxía a escala molecular. Cando as moléculas absorben [[enerxía térmica]] vibran sen desprazarse, aumentando a amplitude da vibración conforme aumenta o nivel de enerxía. Esta vibración transmítese dunhas moléculas a outras sen que teña lugar movemento ningún de translación. Na transmisión de calor por condución non hai movemento de materia. A condución é o método máis habitual de transmisión de calor en procesos de quentamento/arrefriamento de materiais sólidos opacos. Se existe unha gradiente de temperatura nun corpo, terá lugar unha transmisión de calor dende a zona de alta temperatura cara á que está a temperatura máis baixa. O fluxo de calor será proporcional ao gradiente de temperatura.
 
====Transmisión de calor por convección====
Cando un fluído circula ao redor dun sólido, por exemplo polo interior dunha canalización, se existe unha diferenza de temperatura entre ambos os dous, ten lugar un intercambio de calor entre eles. Esta transmisión de calor débese ao mecanismo de convección. O quentamento e arrefriamento de gases e líquidos son os exemplos máis habituais de transmisión de calor por convección. Dependendo de se o fluxo do fluído é provocado artificialmente ou non, distínguense dous tipos: forzada e libre (tamén chamada natural). A convección forzada implica o uso dalgún medio mecánico, como unha bomba ou un [[ventilador]], para provocar o movemento do fluído. Ambos os dous mecanismos poden provocar un movemento laminar ou turbulento do fluído.
==Ligazóns Externas==
 
== Véxase tamén ==
* [[s:https://books.google.es/books?id=vQcusuzVPssC&printsec=frontcover&dq=inauthor:%22Patrick+Jacquard%22&hl=es&sa=X&ved=0CCwQ6AEwAWoVChMIx-j-sKGFxgIVJe5yCh1j_AAt#v=onepage&q=intercambiador%20de%20calor&f=false]]
=== Ligazóns Externasexternas ===
* [[s:https://books.google.es/books?id=vQcusuzVPssC&printsec=frontcover&dq=inauthor:%22Patrick+Jacquard%22&hl=es&sa=X&ved=0CCwQ6AEwAWoVChMIx-j-sKGFxgIVJe5yCh1j_AAt#v=onepage&q=intercambiador%20de%20calor&f=false ''Formulario del frío'', por Pierre Rapin e Patrick Jacquard]] {{es}}
 
[[Categoría: Refrixeración]]