Pierre Simon Laplace: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 18:
Nado nunha familia de granxeiros da baixa [[Normandía]], marchou estudar na [[Universidade de Caen]] onde foi recomendado a [[D'Alembert]], quen, impresionado pola súa habilidade matemática, o recomendou para un posto de profesor na Escola Militar de París en [[1767]], onde tivo entre os seus discípulos a [[Napoleón]]. En [[1785]] foi nomeado membro da [[Academia de Ciencias de Francia| Academia de Ciencias]] e en [[1795]], membro da cátedra de matemáticas do Novo Instituto das Ciencias e as Artes, que presidiría en [[1812]]. En [[1788]], casou coa xove Marie-Charlotte de Courty de Romanges, pertencente a unha familia de [[Besançon]] e 20 anos máis nova ca el, con quen tivo dous fillos: Sophie-Suzanne e Charles-Émile, nado en [[1789]] e que alcanzaría o grao de xeneral.
 
En [[1799]] foi nomeado ministro do interior durante o [[Consulado (Francia)|Consulado]], aínda que non estivo no cargo máis de seis semanas. O seu antigo alumno [[Napoleón Bonaparte|Napoléon I]] conferiulle en [[1805]] a [[lexión de honra]] e en [[1806]] o título de conde do [[Primeiro Imperio francés|Imperio]]. En [[1812]] publica a súa ''Teoría analítica das probabilidades'' e en [[1814]] o seu ''Ensaio filosófico sobre a probabilidade''. En [[1816]] foi elixido membro da Academia Francesa. A pesar do seu pasado bonapartista, trala [[Segunda Restauración|restauración]] dos [[Borbón]]s foi bastante hábil como para conseguir ser nomeado marqués en [[1817]].<ref>[http://www.academie-francaise.fr/immortels/base/academiciens/fiche.asp?param=336 Biografía] da [[Académie française]]</ref>
 
==Obra==
En [[1795]], Laplace empezou a publicar o primeiro dos cinco volumes que constitúen a súa ''Mecánica celeste'' e en [[1796]] imprimiu a súa ''Exposition du système du monde'', onde revela a súa [[hipótese nebular]] sobre a formación do [[sistema solar]] a partir dunha [[nebulosa]] ou remuíño de po e gas. Aínda que con moito maior detalle e múltiples refinamentos, esta "[[Hipótese nebular]]" permanece nos nosos días como o fundamento básico de toda a teoría da formación estelar.
En ''Exposition du système du monde'' (''Exposición do sistema do mundo'', 1796) expuxo unha teoría sobre a formación do [[Sol]] e do [[sistema solar]] a partir dunha [[nebulosa]] ou remuíño de po e gas. Aínda que con moito maior detalle e múltiples refinamentos, esta "[[Hipótese nebular]]" permanece nos nosos días como o fundamento básico de toda a teoría da formación estelar. Por outra parte, demostrou tamén a estabilidade do sistema solar, sentou as bases científicas da [[Teoría da probabilidade|teoría matemática de probabilidades]] (na súa obra ''Théorie analytique des probabilités'', onde, entre outros logros, formulou o método dos mínimos cadrados, fundamental para a teoría de erros).
 
Atento aos descubrimentos de nebulosas realizados por [[William Herschel]] en Inglaterra, Laplace pensou que o colapso gravitatorio dunha nebulosa podería ter dado orixe á formación do Sol e que o material que orbitaba arredor do Sol podería condensarse para formar unha familia de [[planeta]]s. Esta teoría explicaba de maneira natural que todos os planetas orbiten arredor do Sol no mesmo sentido (de oeste a leste) e que as súas órbitas estean nun mesmo plano. Herschel concordou con esta idea e xeneralizouna para explicar a formación e evolución de todas as estrelas e de sistemas estelares.
 
Por outra parte, demostrou tamén a estabilidade do sistema solar,
É recordado como un dos máximos científicos de todos os tempos, ás veces referido como o ''[[Isaac Newton|Newton]] de Francia'', cunhas fenomenais facultades matemáticas non posuídas por ningún dos seus contemporáneos.<ref name="eb1911">[Anon.] (1911) "[http://www.1911encyclopedia.org/Pierre_Simon,_Marquis_De_Laplace Pierre Simon, Marquis De Laplace]", ''[[Encyclopaedia Britannica]]''</ref>
 
 
 
A súa obra máis importante, ''Traité de mécanique céleste'' (''Tratado de mecánica celeste'', 1799-1825, 5 vols.), é un compendio de toda a astronomía da súa época, enfocada de modo totalmente analítico, e onde perfeccionaba o modelo de Newton, que tiña algúns fenómenos pendentes de explicar, en particular algúns movementos anómalos que seguían sen solución: [[Xúpiter (planeta)|Xúpiter]] estaba sometido a unha aceleración aparente mentres que [[Saturno (planeta)|Saturno]] parecía frearse pouco a pouco e a [[Lúa]] tamén mostraba un movemento acelerado. Se estes movementos continuaban indefinidamente, Saturno caería sobre o Sol, Xúpiter escaparía do sistema solar e a Lúa caería sobre a Terra. Con tan só 23 anos de idade, Laplace demostrou que a aceleración de Xúpiter e o freado de Saturno eran movementos periódicos. Os longuísimos períodos (arredor de mil anos) fixeran crer ata entón que estas variacións eran continuas e indefinidas ('seculares'); en [[1785]] demostrou que tales anomalías se debían á posición relativa de Xúpiter e Saturno respecto do Sol. Todo iso necesitou dunha cantidade enorme de cálculos moi detallados. En [[1787]] Laplace demostrou que o movemento anómalo da Lúa tamén era oscilatorio e que estaba ocasionado por pequenos efectos (de 'segunda orde') no sistema triplo Sol-Terra-Lúa. As variacións eran periódicas e, polo tanto, o sistema solar debía ser estable e autorregulado. Todas estas ideas recolléronse na súa obra ''Exposition du système du monde'' publicada en 1796.
Liña 32 ⟶ 33:
Laplace creou unha curiosa fórmula para expresar a [[probabilidade]] de que o [[Sol]] saíra polo horizonte. El dicía que a probabilidade era de <math>(d+1)/(d+2)</math>, onde d é o número de días que o sol saíu no pasado. Laplace dicía que esta fórmula, que era coñecida como a [[regra de sucesión]], podía aplicarse en todos os casos onde non sabemos nada, ou onde o que coñeciamos foi cambiado polo que non. Aínda é usada como un estimador da probabilidade dun evento, se sabemos o lugar do evento, pero só temos moi poucas mostras del.
 
En [[1812]] publica a súa ''Teoría analítica das probabilidades'' e en [[1814]] o seu ''Ensaio filosófico sobre a probabilidade''
sentou as bases científicas da [[Teoría da probabilidade|teoría matemática de probabilidades]] (na súa obra ''Théorie analytique des probabilités'', onde, entre outros logros, formulou o método dos mínimos cadrados, fundamental para a teoría de erros).
Laplace cría fortemente no [[determinismo]] causal, tal como pode apreciarse na seguinte cita:
 
{{cita|Podemos mirar o estado presente do universo como o efecto do pasado e a causa do seu futuro. Poderíase concebir un intelecto que en cualquera momento dado coñecera todas as forzas que animan a [[natureza]] e as posicións dos seres que a compoñen; se este intelecto fora o suficientemente amplo como para someter os datos a análise, podería condensar nunha sinxela fórmula o movimento dos grandes corpos do universo e do átomo máis lixeiro; para tal intelecto nada podería ser incerto e o futuro así como o pasado estarían fronte aos seus ollos.}}
 
É recordado como un dos máximos científicos de todos os tempos, ás veces referido como o ''[[Isaac Newton|Newton]] de Francia'', cunhas fenomenais facultades matemáticas non posuídas por ningún dos seus contemporáneos.<ref name="eb1911">[Anon.] (1911) "[http://www.1911encyclopedia.org/Pierre_Simon,_Marquis_De_Laplace Pierre Simon, Marquis De Laplace]", ''[[Encyclopaedia Britannica]]''</ref>
 
Este intelecto refírese o ''demo de Laplace'' (cf. [[demo de Maxwell]]). Os descubrimentos da [[física]] moderna, especialmente a [[Mecánica cuántica|física cuántica]] e o [[principio de incertidume]] proban que a existencia de tal intelecto é imposible polo menos en principio.