Pierre Simon Laplace: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 16:
 
== Biografía ==
Nado nunha familia de granxeiros da baixa [[Normandía]], marchou estudar na [[Universidade de Caen]] onde foi recomendado a [[D'Alembert]], quen, impresionado pola súa habilidade matemática, o recomendou para un posto de profesor na Escola Militar de París en [[1767]], onde tivo entre os seus discípulos a [[Napoleón]]. En [[1785]] foi nomeado membro da [[Academia de CienciaCiencias de Francia| Academia de Ciencias]] e en [[1795]], membro da cátedra de matemáticas do Novo Instituto das Ciencias e as Artes, que presidiría en [[1812]]. En [[1788]], casou coa xove Marie-Charlotte de Courty de Romanges, pertencente a unha familia de [[Besançon]] e 20 anos máis nova ca el, con quen tivo dous fillos: Sophie-Suzanne e Charles-Émile, nado en [[1789]] e que alcanzaría o grao de xeneral. En [[1795]], Laplace empezou a publicar o primeiro dos cinco volumes que constitúen a súa ''Mecánica celeste'' e en [[1796]] imprimiu a súa ''Exposition du système du monde'', onde revela a súa [[hipótese nebular]] sobre a formación do [[sistema solar]].
 
En [[1799]] foi nomeado ministro do interior durante o [[Consulado (Francia)|Consulado]], aínda que non estivo no cargo máis de seis semanas. O seu antigo alumno [[Napoleón Bonaparte|Napoléon I]] conferiulle en [[1805]] a [[lexión de honra]] e en [[1806]] o título de conde do [[Primeiro Imperio francés|Imperio]]. En [[1812]] publica a súa ''Teoría analítica das probabilidades'' e en [[1814]] o seu ''Ensaio filosófico sobre a probabilidade''. En [[1816]] foi elixido membro da Academia Francesa. A pesar do seu pasado bonapartista, trala [[Segunda Restauración|restauración]] dos [[Borbón]]s foi bastante hábil como para conseguir ser nomeado marqués en [[1817]].<ref>[http://www.academie-francaise.fr/immortels/base/academiciens/fiche.asp?param=336 Biografía] da [[Académie française]]</ref>
 
==Obra==
En [[1795]], Laplace empezou a publicar o primeiro dos cinco volumes que constitúen a súa ''Mecánica celeste'' e en [[1796]] imprimiu a súa ''Exposition du système du monde'', onde revela a súa [[hipótese nebular]] sobre a formación do [[sistema solar]].
En ''Exposition du système du monde'' (''Exposición do sistema do mundo'', 1796) expuxo unha teoría sobre a formación do [[Sol]] e do [[sistema solar]] a partir dunha [[nebulosa]] ou remuíño de po e gas. Aínda que con moito maior detalle e múltiples refinamentos, esta "[[Hipótese nebular]]" permanece nos nosos días como o fundamento básico de toda a teoría da formación estelar. Por outra parte, demostrou tamén a estabilidade do sistema solar, sentou as bases científicas da [[Teoría da probabilidade|teoría matemática de probabilidades]] (na súa obra ''Théorie analytique des probabilités'', onde, entre outros logros, formulou o método dos mínimos cadrados, fundamental para a teoría de erros).