Antonia Ferrín: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 2:
 
== Biografía ==
 
Filla dun mestre de matemáticas, trasladouse coa familia a [[Santiago de Compostela]] en [[1920]]. Estudou o bacharelato no [[IES Rosalía de Castro|Instituto Arcebispo Xelmírez]] e en [[1930]] matricúlase na facultadeFacultade de Ciencias da [[Universidade de Santiago]]. Licénciase en Químicas e obtén ademais o título de [[mestre|mestra]], e xusto ao remate da súa licenciatura comeza a traballar, en [[1934]], como profesora axudante de [[Física]] e [[Matemáticas]] na súa facultade —unha das seis mulleres en facelo naquel momento—, e mais como profesora de Ciencias no instituto de [[bacharelato]] onde estudara. Porén, segue estudando en matricúlase en [[Farmacia]] e fai os dous cursos de ciencias exactas que a Universidade de Santiago ofertaba naquela altura.
 
Polos seus posicionamentos políticos, en [[1937]] é sancionada e apartada da docencia na Universidade de Santiago<ref>{{Cita web|url = http://vitimas.nomesevoces.net/gl/ficha/21451/|autor = |título = Nomes e voces. Antonia Ferrín Moreiras, expediente de sanción|dataacceso = 30/10/2014}}</ref>, ao igual ca 45 outros profesores, entre os que se atopaban [[Enrique Rajoy Leloup]], [[Fernando Calvet]], [[Isidro Parga Pondal]] ou [[Francisco Fernández del Riego]], ainda que se lle permitei seguir como profesora no colexio de nenas orfas Nosa Señora dos Remedios de Santiago<ref>{{Cita web|url = http://www-revista.iaa.es/41/antonia-ferr%C3%ADn-moreiras|autor = Ling, Josefina|título = Antonia Ferrín Moreiras, la primera astrónoma gallega|dataacceso = 30/10/2014}}</ref>. En [[1940]] revísase o seu proceso e pode reincoporarse á docencia universitaria. Faino como profesora axudante de [[Enrique Vidal Abascal]].
Liña 8 ⟶ 9:
Neses anos coñece a [[Ramón María Aller]] e interésase pola [[astronomía]]. Traballa con él no [[Observatorio Astronómico da Universidade de Santiago]] e publica os seus traballos en distintas revistas de astronomía. En [[1952]] consegue unha praza fixa de investigación. Dous anos antes licenciárase por libre de Ciencias Exactas na [[Universidade Complutense de Madrid|Universidade Central de Madrid]]. En [[1953]] consegue unha praza por oposición na escola de maxisterio de [[Santander]], e en [[1955]] trasládase de volta a Santiago.
 
En [[1957]] convértese na primeira muller profesora da recén creada facultadeFacultade de Matemáticas en Santiago, onde imparte clases durante seis anos, ata [[1963]]. Nesa época ademais consegue rematar a súa tese sobre observación astronómica, titulada ''Observacións de pasos por dúas verticais'' e dirixida por Aller, que presenta na Complutense, e que é a primeira tese sobre matemáticas escrita por un galego. É nese ano cando marcha a [[Madrid]] para converterse en [[catedrático|catedrática]] de Matemáticas na diplomatura de Maxisterio desa cidade. Pero axiña se traslada á facultadeFacultade de Matemáticas da Universidade Complutense, onde dará clase de astronomía durante case unha vintena de anos, ata a súa xubilación en [[1984]].
 
En [[2004]] trasládase a Santiago de Compostela por motivos de saúde.
 
A súa principal contribución á astronomía consistenconsiste en traballos sobre ocultacións estelares, medidas de estrelas dobles e determinación de pasos por dúas verticais.
 
== Galardóns e homenaxes ==
Unha aula da facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela leva o seu nome.
 
A Universidade de Vigo crea o Premio Antonia Ferrín Moreiras de creación de materiais e recursos docentes con perspectiva de xénero<ref>{{Cita web|url = http://www.uvigo.es/uvigo_gl/contenido/novidades/item_0175.html|autor = |título = I Premio ANTONIA FERRÍN MOREIRAS de creación de materiais e recursos docentes con perspectiva de xénero, 2013|dataacceso = 30/10/2014}}</ref><ref>{{Cita web|url = http://www.uvigo.es/uvigo_gl/contenido/novidades/item_0233.html|autor = |título = II Premio ANTONIA FERRÍN MOREIRAS de creación de materiais e recursos docentes con perspectiva de xénero, 2014|dataacceso = 30/10/2014}}</ref>
 
Unha aula da facultadeFacultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela leva o seu nome <ref>[https://www.usc.es/gl/centros/matematicas/Aulas_homenaxe.html6 Aulas da Facultade Homenaxe a 6 Profesores] </ref>.
 
== Obras ==
 
*{{Cita publicación periódica|apelidos = Ferrín Moreiras|nome = Antonia|ano = 1950|título = Sobre observaciones meridianas y en el primer vertical|url = |revista = Urania|número = |páxinas = 223-245|editor = |dataacceso = }}
*{{Cita publicación periódica|apelidos = Ferrín Moreiras|nome = Antonia|ano = 1964|título = Observaciones de pasos por dos verticales|url = |revista = Urania|número = |páxinas = 258|editor = |dataacceso = }}