TCP/IP: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: O modelo '''TCP/IP''' ou modelo de referencia de Internet é unha descrición abstracta para un deseño de protocolo de rede de comunicación entre ordenadores. Ten unha estrutura moit...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 3 de maio de 2007 ás 09:19

O modelo TCP/IP ou modelo de referencia de Internet é unha descrición abstracta para un deseño de protocolo de rede de comunicación entre ordenadores. Ten unha estrutura moito menos definida que a do modelo OSI, e que se axusta mellor para o seu uso nas redes de comunicación de ordenadores actual.

Non existe un documento que especifique o modelo de xeito oficial, pero habitualmente especificase nun modelo de 4 capas (aínda que existen outros que definen 5 capas).

  • Capa de Aplicación. Nesta capa operan os protocolos de nivel superior, como SMTP, FTP, SSH, HTTP, etc...
  • Capa de Transporte. Define o control de fluxo e protocolos de conexión. Ocúpase de abrir e pechar conexións, asegurando que os paquetes son realmente recibidos. Fundamentalmente utiliza os protocolos UDP e TCP.
  • Capa de Rede. Define as direccións IP, con variados esquemas para encamiñar paquetes dunha IP a outra.
  • Capa de Acceso á Rede. Describe o equipo que conecta fisicamente o equipo á rede, así como os protocolos de baixo nivel utilizados. En moitos casos esta capa subdivídese en dúas capas, unha física e outra de enlace.