Ligando: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
 
En [[bioquímica]] e [[farmacoloxía]], un '''ligando''' (do latín ''ligandum'', unión) é unha substancia, que forma un [[Complexo (química)|complexo]] cunha [[biomolécula]] (proteína ou ácido nucleico) para realizar unha función biolóxica, como a estabilización estrutural, catálise, modulación dunha actividade encimática, transmisión dun sinal. Na unión proteína-ligando, o ligando é unha molécula que desencadea un sinal ao unirse a un sitio de unión na [[proteína]] diana. Entre os ligandos están entre outros os [[Substrato encimático|substratos]], [[inhibidor encimático|inhibidores encimáticos]], [[activador encimático|activadores]], [[hormona]]s e [[neurotransmisor]]es. Nos estudos de unión ADN-ligando, o ligando pode ser unha pequena molécula, ión,<ref>{{Cite journal |pmid=16085765 | author = Teif V.B.|year=2005 |title=Ligand-induced DNA condensation: choosing the model |volume=89 |issue=4 |pages=2574–2587 |journal=Biophysical Journal |doi=10.1529/biophysj.105.063909 |pmc=1366757}}</ref> ou proteína<ref>{{Cite journal |pmid=21386588| author = Teif VB, Rippe K. | year=2010 |title=Statistical-mechanical lattice models for protein-DNA binding in chromatin. |volume=22 |issue=41 |pages=414105 |journal=Journal of Physics: Condensed Matter |doi=10.1088/0953-8984/22/41/414105}}</ref> que se une á [[dobre hélice]] do ADN.
 
 
 
A unión do ligando ten lugar por [[forzas intermoleculares]], como [[enlace iónico|enlaces iónicos]], [[enlace de hidróxeno|enlaces de hidróxeno]] e [[forzas de van der Waals]]. A unión ou "atraque" co receptor (a asociación entre ambos) é xeralmente reversible, polo que despois se produce a disociación. É raro nos sistemas biolóxicos que se una por medio dun [[enlace covalente]] irreversible. A diferenza do significado que ten ligando en [[metalorgánica]] e [[química inorgánica]], en bioquímica é ''irrelevante'' que o ligando se una a un sitio metálico, pero si ocorre nalgúns casos, como na [[hemoglobina]].