Julien Offray de La Mettrie: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m corrixo grallas
Sen resumo de edición
Liña 9:
A súa primeira obra filosófica, ''Historia natural da alma'', foi publicada en [[1745]] na Haya, tivo conflitos cos medios eclesiásticos, e tivo que sair de Francia. Causou polémica a súa interpretación materialista dos fenómenos físicos, que o levou a negar a existencia de Deus e a alma humana. Viuse obrigado a exiliarse primeiro nos Países Baixos e logo na corte de [[Federico II de Prusia]], da que foi médico.
 
Refuxiado en [[Holanda]], foi igualmente expulsado deste país trala publicación do seu libro ''[[O home máquina'']]. Finalmente viuse ben acollido na corte de Federico o Grande, quen incluso o introduciu na Academia de Berlín. Porén, pouco despois e de forma inesperada, La Mettrie faleceufalece dunha indixestión.
==Pensamento==
O seu mecanicismo radical quedou exposto na obra ''[[O home máquina]]'' (1748), ensaio no que interpreta o [[pensamento]] como o resultado da acción dos compoñentes do cerebro e propón unha continuidade entre os animais e o home. Tamén propuxo considerar a certos criminais como enfermos. Típicamente ilustrado, o seu pensamento pon unha fe sen límites no progreso científico e ataca con saña a relixión e a ignorancia médica. Entre as súas obras de medicina destaca ''Observacións de medicina práctica''.
 
 
A partir do seu tratado sobre a alma, o materialismo de La Mettrie aparece fundamentado en observacions fisiolóxicas (explicación mecánica dos movementos dos animais) e, en consecuencia, procedentes da física de [[Newton]] (a atracción é unha proba das capacidades activas da materia). A vida orgánica e incluso os actos da conciencia, mera función físico-química do cerebro, poden quedar suficientemente explicados pola materia. Iso exclúe, en cuanto que inútil hipótese, a alma como substancia.
 
==Obras==
Na obra ''[[O home máquina]]'' a súa obra máis famosa, La Mettrie funda toda a actividade consciente do home na teoría do automatismo animal, e extendese ao ser humano o que Descartes considerara evidente só nas bestas; convencido do desenvolvemento dos órganos mediante o exercicio e a educación, La Mettrie xulga incluso a ensinanza da linguaxe aosdos monos.
 
Posteriormente escribiu ''O home-planta'' (1748), onde afirma que os vexetais posúen, como o home, a sensibilidade, e ''Les animaux plus que machines'' (1750), para demostrar, en oposición a Descartes, que a conciencia dos animais ten a mesma natureza que a humana. La Mettrie considera a existencia de Deus como unha suposición innecesaria, que se comprace nunha moral libremente materialista, que exalta por riba de todos os restantes o pracer dos sentidos, aínda cando tamén deduce do mesmo [[individualismo]] (a través do sentimiento do [["honor"]]) o criterio da subordinación do interese privado cara o público, e, en consecuencia, a posibilidade dunha norma de conduta moral.
 
==Véxase tamén==