Illas Canarias: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Liña 222:
A industria é escasa, basicamente agroalimentaria, [[tabaco|tabaqueira]] e de refinamento de [[petróleo]] (a refinería de [[Santa Cruz de Tenerife]] é a maior de [[España]]). Tras a ocupación do [[Sáhara Occidental]] por parte de [[Marrocos]], as industrias de conservas e salgadura de peixe desapareceron.
 
Só está cultivado o 10% da superficie, sendo de secaño a maioría ([[cebada]], [[trigo]], [[vide]] e [[pataca]]), e de regadío unha minoría ([[banana|plátanos]] e [[tomate]]s), orientados ao comercio co resto de España e coa [[Unión Europea]]. Aínda que nun primeiro momento Canarias quedou fóra da Unión Aduaneira da [[Comunidade Económica Europea]], este réxime de liberdade comercial imposibilitou a subvención da produción agrícola de tomates e plátanos porque non lle era aplicable a PAC (Política Agraria Común), por iso pediuse e obtivo o cambio a un modelo de integración plena, co establecemento dun arbitrio á importación de mercancía e un [[IVAIVE]] diminuído, o [[Imposto Xeral Indirecto Canario|IGIC]].
 
Entre as especificidades fiscais de Canarias está a [[Reserva para Investimentos en Canarias]] (RIC), que diminúe da base impoñible do [[Imposto de sociedades (España)|Imposto de Sociedades]] (IS) ata o 90% do beneficio non distribuído (80% no caso de profesionais que deben tributar polo [[Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas]] (IRPF) polo importe da dotación á reserva, que debe investirse no prazo de tres anos desde a dotación. Así mesmo, existe unha [[Zona Franca]], denominada [[Zona Especial Canaria]] (ZEC), onde as empresas implantadas tributan ao 4% do IS.