Historia da música: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Igor Stravinskii
Liña 45:
 
A música indíxena de [[América]] e aborixen de [[Australia]] poderíase chamar prehistórica polas súas características, pero o termo utilízase para referirse á música europea anterior ao desenvolvemento da escritura. É máis habitual denominar a música "prehistórica" dos continentes non europeos, especialmente a que aínda existe na actualidade, música folclórica, étnica ou tradicional.
=== Música da antigüidade ===
{{Principal | Música da antigüidade}}
 
Considérase que a [[prehistoria]] concluíu co desenvolvemento da [[escrita]], e xa que logo, tamén a música que se producía. A '''música da antigüidade''' é o nome co que se denomina a actividade musical realizada durante o [[Idade antiga]].
 
A [[canción]] máis antiga que se atopou está escrita en grafía [[escrita cuneiforme|cuneiforme]]; atopouse en [[Ur]], e data do ano 4000 a.C. foi descifrada pola profesora Anne Draffkorn Kilmer da Universidade de Berkeley ([[California]]), e demostrou que está composta en [[harmonía]]s con [[intervalo]]s de terceiras, como os antigos '' gymel '' ingleses,<ref>Kilmer, Crocker, Brown, ''Sounds from Silence'', 1976, Bit Enki, Berkeley, Calif., LCC 76-16729</ref> e usaban o [[afinación pitagórica]] da [[diatónica|escala diatónica]].
 
Hai debuxos en [[xerra]]s e paredes de instrumentos de vento con dous tubos, como os utilizados polos gregos, e [[gaita]]s antigas. Tamén atopamos escritos, como os de [[Aristóteles]] (''Problemas'', Libro XIX.12) que describen técnicas musicais da época, indicando algún tipo de [[polifonía]].
 
Instrumentos como a [[frauta]] de sete buracos e varios tipos de [[instrumentos de corda]] recuperáronse nos sitios arqueolóxicos da civilización do Val do Indo.<ref>{{Cita web|url=http://books.google.cat/books?vid=ISBN8170173329&id=yySNDP9XVggC&pg=PA11&lpg=PA11&dq=seven+holed+flute+and+various+types+of+stringed+instruments&sig=0baqFLb6KItfPYLoCdFWFTCD8Sk|título=The Music of India |autores=Reginald Massey, Jamila Massey |editor=Libros Google |lingua=inglés}}</ref>
 
A música clásica india (''marga'') atópase recollida nas escrituras da tradición hindú, os [[Vedas]]. No ''Samaveda'', un dos catro vedas, descríbese extensamente a música antiga hindú.
 
== Notas ==