Abrir o menú principal

Cambios

Competencias dos concelleiros de Compostela Aberta
 
Os membros da candidatura que obtiveron acta de concelleiro, ademais de Noriega, foron María Rozas (consultora en xestión económica e membro de [[EU-IU]]), Jorge Duarte (arquitecto, ex-presidente do [[COAG]]), Branca Novoneyra (escritora e coreógrafa), Xan Duro (ecoloxista de [[Verdegaia]], membro do [[Espazo Ecosocialista Galego]]), Concha Fernández (ex-dirixente local do [[BNG]], profesora de Intervención Sociocomunitaria no CIFP Compostela e ex-sindicalista), Manuel Dios Diz (presidente do ''Seminario Galego de Educación para a Paz'' e membro tamén do Espazo Ecosocialista), Marta Lois (profesora de [[Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC|Políticas]] e integrante do [[ANPA]] do Colexio de Fontiñas), Rafa Peña (responsable da [[CIG]] no [[Aeroporto da Lavacolla]]) e Noa Morales (experta en relacións internacionais e membro de EU-IU)<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/teo/2015/03/24/nueve-diez-primeros-candidatos-compostela-aberta-afines-noriega/0003_201503S24C3993.htm ''[[La Voz de Galicia]]''], de 24-3-2015, artigo titulado "''Nueve de los diez primeros candidatos de Compostela Aberta son afines a Noriega''" {{es}}.</ref>. Por fin, o [[13 de xuño]] Martiño Noriega foi investido alcalde de Santiago.
O correspondente reparto das concellarías foi como segue<ref>[http://www.santiagodecompostela.org/casa_concello/interior.php?txt=cc_concellarias&lg=cas Web do Concello de Santiago]. Consultado o 16/06/2015.</ref>:
* Martiño Noriega Sánchez. Alcalde. Portavoz da Xunta de Goberno Local. Competencias directas en Réxime Interno (Persoal, Contratación, Arquivo, Innovación e Informática), Lingua e Participación e Relacións Veciñais.
* [[María Rozas Pérez]]. Concelleira responsable da Área de Economía e Facenda, con competencias en Planificación Económica e Financeira, Xestión Tributaria, Xestión presupostaria e Política Fiscal. Primeira tenente de alcalde.
* [[Jorge Duarte Vázquez]]. Concelleiro responsable da Área de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, con competencias en Cidade Histórica, Rehabilitación, Planeamento, Urbanismo, Dereito á Vivenda e Mobilidade. Segundo tenente de alcalde.
* [[Branca Novoneyra]]. Concelleira responsable da Área de Acción Cultural, con competencias en Auditorio de Galicia, Teatro Principal, Rede de Centros Socioculturais e Festas. Terceira tenente de alcalde.
* [[Xan Duro Fernández]]. Concelleiro responsable da Área de Medio Ambiente e Convivencia, con competencias en Sustentabilidade (RSU, Auga, Enerxía e Consumo), Parques e Xardíns e Convivencia (Policía Local, Bombeiros e Protección Civil). Secretario da Xunta de Goberno.
* [[Concepción Fernández Fernández]]. Concelleira responsable da Área de Políticas Sociais e Diversidade, con competencias en Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Economía Social, UMAD, UAMI e Cooperación.
* [[Manuel Dios Diz]]. Concelleiro responsable da Área de Educación e Cidadanía, con competencias en Educación, Cidadanía e Dereitos Humanos. Deputado provincial.
* [[Marta Lois González]]. Concelleira responsable da Área de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, con competencias en Igualdade, Promoción Económica, Emprego, Mercados, Comercio e Turismo.
* [[Rafael Peña Vidal]]. Concelleiro responsable da Área de Medio Rural e Equilibrio Territorial, con competencias en Medio Rural e Brigada de Obras.
* [[Noa Morales Sánchez]]. Concelleira responsable da Área de Mocidade, Deporte e Benestar Animal, con competencias en Xuventude, Deportes e Refuxio de Animais.
 
[[Ficheiro:Compostela Aberta-noite electoral 20150524-1-detalle.jpg|centre|miniatura|250px|Concentración a noite do [[24 de maio]] de [[2015]] na oficina electoral]]
10.136

edicións