Arte da Roma antiga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - Trocar uso de {{Referencias}} por {{Listaref}}
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
[[Ficheiro:Ara pacis fregio lato ovest 2 A.JPG|thumb|320px|Cena do [[Altar da Paz]] (''Ara Pacis''), monumento que consagrou un estilo narrativo tipicamente romano nos relevos arquiteturais.]]
 
A '''arte da Roma Antiga''' ou '''arte romana''' foi unha das manifestacións máis importantes da cultura de [[Imperio Romano|Roma]], e é unha das máis ricas fontes de estudo para a comprensión do [[Roma Antiga|mundo romano]] como un todo. Os romanos derivaron a súa arte orixinalmente dos [[pobos itálicos]] que habitaban na súa contorna. Entre eles destacáronse os [[etruscos]], que no período da monarquía dominaron os romanos política e culturalmente. No entanto, a cultura etrusca baseárase moiro na [[Arte da Grecia Antiga|grega]], transmitíndose aos romanos esta influencia precoz. Axiña, no seu proceso de expansión territorial, os romanos entrarían en contato directo con [[Magna Grecia|colonias gregas no sur de Italia]], e despois coa Grecia mesma, iniciando un longo período de absorción intensa das súas referencias culturais, que se tornaron no fundamento de toda a cultura romana, expresándose nunha variedade de eidos artísticos, como a literatura, a pintura, a [[Escultura da Roma Antiga|escultura]], a música, as artes decorativas e a arquitectura.
 
No entanto, aínda que os romanos sempre se orgulleceron de seren herdeiros culturais dos gregos, foron capaces de introducir lecturas innovadoras na herdanza recibida e adicionar elementos novos da súa preferencia especial, creando unha identidade propia e contribuíndo orixinalmente en varios aspectos. Por exemplo a invención do [[arco de volta perfecta]] e da [[cúpula]] na arquitectura, o desenvolvemento da [[Perspectiva (gráfica)|perspectiva]] na pintura, a formulación dun xeito narrativo tipicamente romano na escultura, apreciándose especialmente na retratística, o desenvolvemento da [[retórica]] na literatura e na [[oratoria]] política, o gusto por temas cívicos e do cotidiano, polo [[historicismo]] e polo [[ecletismo]] estético.