Arsenio Martínez-Campos Antón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 3:
Foi un militar de carreira que se formou na Escola do Estado Maior. En 1854 foi nomeado membro do Estado Maior español, doque máis tarde sería profesor. En 1860 foi destinado a [[África]], nunha expedición conxunta con Franza e Inglaterra, acadando o grao de tenente coronel; tamén tomaría parte na campaña de [[1862]] en [[México]] sob as ordes do xeneral [[Joan Prim i Prats|Joan Prim]].
 
En 1868 a raiña [[Isabel II]] foi destronada. Un ano despois Martínez-Campos será destinado a Cuba, onde acababa de comezar a [[Guerra dos Dez Anos]]. Regresa a España tres anos logo como brigadier por méritos de guerra. Unha vez na Península, recibe o mando dunha brigada para combater os carlistas en [[Cataluña]]. En 1873, durante a [[Primeira República española]], o presidente [[Nicolás Salmerón]] encárgao submeter os [[Cantonalismo|cantóns]] de [[Almansa]] e de [[Valencia]], cousa que consegue sen demasiada dificultade, pero empregando toda a dureza posíbel; así a última cidade foi bombardeada e tomada a asalto.
 
O [[2 de xaneiro]] de [[1874]] o xeneral [[Manuel Pavía]] disolveu as Cortes republicanas, aínda que a Primeira República sobrevíu case todo ese ano, dirixida por Serrano, estaba ferida xa de morte.
 
Mentres, Martínez-Campos, que estaba confinado en [[Mallorca]], pasou a [[Castela]], onde se dedicou a conspirar en favor da restauración da monarquía borbónica, apesar da oposición de Antonio [[Cánovas del Castillo|Cánovas del Castillo]], que prefería chegar á mesma fin por vía parlamentaria. O [[29 de decembro]] de [[1874]], o biografiado pronunciouse en [[Sagunto]], a favor de Alfonso de Borbón, fillo da exiliada Isabel II, precipitando a súa chegada ao trono como [[Alfonso XII de España|Alfonso XII]]. Máis tarde será nomeado Capitán Xeneral de Cataluña, despois de derrotar os carlistas en [[Navarra]] e [[Cataluña]] (onde ocupou [[Olot]] e [[La Seu d'Urgell]], en 1875). Na [[Restauración]], foi destinado novamente a [[Cuba]], en [[1876]], como Capitán Xeneral, asinando un tratado de paz en [[1878]], que outorga a Cuba maior [[autonomía]].