São Paulo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 3574399 de Thiagoreis leon (conversa)
Liña 157:
 
== Gastronomía ==
[[Ficheiro:AvenidaSao paulistaPaulo dodowntown altoview 006.jpgJPG|miniatura|dereita|250px|Avenida Paulista áCentro noiteHistórico.]]
São Paulo é considerada unha ''capital da gastronomía'' pola grande cantidade e variedade de restaurantes que ten. Salienta a arte culinaria que veu cos inmigrantes ([[Portugal|portugueses]], [[italia]]nos -destacando as súas [[pizza]]s e [[macarrón]]s-, [[xapón|xaponeses]], [[Arabia Saudita|árabes]], [[España|españois]], [[asquenací|xudeus]], [[china|chineses]] e [[alemaña|alemáns]]), a cociña brasileira do Nordeste e de Minas Xerais, o ''churrasco'' (carne de [[gando]] asada en espetos), a popular ''[[feijoada]]'' brasileira (prato a base de [[feixón]]s negros, carne seca de gando e [[porco]], servida con [[arroz]], col cocida e mollo de pementa) e ata mesmo a gastronomía [[Francia|francesa]] e internacional en restaurantes máis sofisticados. Pódese ata mesmo mesturar estas influencias culinarias nunha mesma comida: nunha ''churrascaria'', por exemplo, pódese atopar como acompañamento das [[carne]]s as [[ensalada]]s, as ''esfihas'' árabes, as ''[[paella]]s'' de orixe española ou os ''[[sushi]]s'' de orixe xaponesa.