Xogos florais: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 8:
 
===Francia - Tolosa===
Poucos datos existen para poder estabelecer cando se celebraron por primeira vez, mais existe información anterior ao ano 1323. Neste ano é cando 7sete personalidades reunidas en [[tolosa, Francia|Tolosa]] convocan a súa celebración o 1 de maio de 1324. O seu obxectivo era recuperar o estilo trobadoresco dos séculos XII e XIII xa que consideraban a forma e a lingua dese período a chave para unificar a antiga lingua provenzal da poesía trobadoresca, dividida naquel momento en diversos dialectos.
Os galardóns representaban flores:
 
Liña 16:
 
A maiores, a quen gañase o primeiro premio convertíano en bacharel da Gaia Ciencia e se alguén gañaba os tres, outorgábanlle a distinción de doutor. [[Ramón Vidal de Besalú]] obtivo o primeiro premio no certame de 1324.
 
O dato curioso é que estes Xogos, primeiramente costeados con diñeiro publico, acadaron un maior esplendor cando unha dama francesa cedeu o seu patrimonio coa finalidade de que se celebrasen cada ano.