Diferenzas entre revisións de «Julien Offray de La Mettrie»

sen resumo de edición
m (arranxiños de formato e cat)
Sem resumo de edição
{{enuso}}
'''Julien Offray de La Mettrie''' nado en [[Saint-Malo]] en [[1709]] e finado en Berlín no ano [[1751]], foi un médico e filósofo francés.
 
==Traxectoria==
Nado no seno duhna familia de comerciantes, foi educado cos xesuitas e estudou medicina en [[París]] e [[Reims]]. Causou polémica a súa interpretación materialista dos fenómenos físicos, que o levou a negar a existencia de Deus e a alma humana en textos como ''Historia natural da alma'' (1745). Viuse obrigado a exiliarse primeiro nos Países Baixos e logo na corte de [[Federico II de Prusia]], da que foi médico. O seu mecanicismo radical quedou exposto na obra ''[[O home máquina]]'' (1748), ensaio no que interpreta o [[pensamento]] como o resultado da acción dos compoñentes do cerebro e propón unha continuidade entre os animais e o home. Tamén propuxo considerar a certos criminais como enfermos. Típicamente ilustrado, o seu pensamento pon unha fe sin límites no progreso científico e ataca con saña a relixión e a ignorancia médica. Entre as súas obras de medicina destaca ''Observacións de medicina práctica''.
 
Despois de estudar teoloxía e ser un fervente xansenista, marchou no ano 1733 a [[Leyden]], e, baixo a guía do famoso médico e fisiólogo [[Herman Boerhave]], seguidor das doutrinas de [[Spinoza]], dedicouse a estudar medicina; isto conduciuno ao materialismo, ao que lle daría a forma máis sistemática e lóxica. Médico militar en París no ano 1742, enemistouse con todos os seus colegas a causa dalgúns despectivos textos polémicos.