Canedo, A Pobra do Brollón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Canedo''' (San Miguel) é unha parroquia da [[A Pobra do Brollón|Pobra do Brollón]] na [[provincia de Lugo]]. Linda ó norte con [[Laiosa, O Incio|Laiosa]] ([[O Incio]]) e [[Óutara, A Pobra do Brollón|Óutara]], polo oeste con [[Freituxe, Bóveda|Freituxe]] ([[Bóveda]]), polo leste con [[Óutara, A Pobra do Brollón|Óutara]] e [[A Ferreirúa, A Pobra do Brollón|A Ferreirúa]] e polo sur con Freituxe (Bóveda) e A Ferreirúa. Contaba en 1991 con 128 habitantes agrupados nas entidades de Aldea de Abaixo, Aldea de Arriba, A Eirexe, A Ermida, A Fonte, A Presa, Quintairo e Telo, sendo a súa densidade media, para ó mesmo ano, de 29,1 hab./Km².
 
A igrexa parroquial, de época neoclásica, ten nave rectangular, muros revestidos de cemento e tellado de lousa. A sancristía está adherida a un dos laterais da nave. No interior posúe un retablo do s.XVIII e varias imaxes dos s.XVI, XVII e XVIII.
 
As festas da parroquia celébranse a finais de setembro na honra a San Miguel.