Testosterona: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m ref
Banjo (conversa | contribucións)
m refs
Liña 186:
Os niveis de testosterona nos humanos diminúen gradualmente coa idade. A significancia desta diminución é discutible (ver [[andropausia]]). Hai un desacordo sobre cando tratar aos homes de idade coa terapia de substitución de testosterona. A posición da Sociedade Americana de Androloxía respecto ao tema é que "a terapia de substitución de testosterona en homes de idade está indicada cando están presentes síntomas clínicos e signos que suxiren unha [[Hipogonadismo|deficiencia androxénica]] e niveis baixos de testosterona." <ref name="pmid16474019">{{cita publicación | título = Testosterone replacement therapy for male aging: ASA position statement | publicación = J. Androl. | volume = 27 | número = 2 | páxinas = 133–4 | ano = 2006 | pmid = 16474019 | url = }}</ref> A Asociación Americana de Endocrinólogos Clínicos di que "o [[hipogonadismo]] defínese cando os niveis de testosterona libre están debaixo do limite inferior do rango normal para adultos xoves. Antes, a diminución relacionada coa idade da testosterona libre foi algunha vez aceptada como normal, pero na actualidade non é considerada normal." <ref name="pmid12917096">{{cita publicación | autor = Guay AT, Spark RF, Bansal S, Cunningham GR, Goodman NF, Nankin HR, Petak SM, Perez JB | título = American Association of Clinical Endocrinologists medical guidelines for clinical practice for the evaluation and treatment of male sexual dysfunction: a couple's problem--2003 update | publicación = Endocr Pract | volume = 9 | número = 1 | páxinas = 77–95 | ano = 2003 | pmid = 12917096 | url =http://www.aace.com/pub/pdf/guidelines/sexdysguid.pdf }}</ref>
 
Non existe unha concordancia total sobre o límite inferior de nivel de testosterona a partir do que se pode considerar que se trata dun caso de [[hipogonadismo]]; actualmente non existen estándares sobre cando tratar ás mulleres. A testosterona pode medirse como "libre" (é dicir, biodispoñible e non unida) ou máis comunmente, como "total" (incluíndo a porcentaxe que está quimicamente unida e non dispoñible). Por exemplo, nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], os niveis de testosterona total dun home por debaixo de 300&nbsp;ng/dL (nunha mostra tomada pola mañá) son xeralmente considerados baixos. <ref name="urlMedlinePlus Medical Encyclopedia: Testosterone">{{cita web | url = http://www.nlm.nih.gov/MEDLINEPLUS/ency/article/003707.htm | título = Testosterone | autor = Holt EH, Zieve D | ano = 18-03-2008 | obra = MedlinePlus Medical Encyclopedia | editor = U.S. National Library of Medicine | acdessdata data-acceso= 17-07-2009}}</ref> A identificación unicamente polos síntomas de niveis inadecuados de testosterona nun home que envellece pode ser difícil.
 
A terapia de substitución pode facerse con frascos inxectables, parches transdérmicos e xeles, pellets subcutáneos, e terapia oral. Efectos adversos da suplementación de testosterona inclúen efectos secundarios menores tales como acne e pel aceitosa, e complicacións máis significativas tales como o incremento do [[hematocrito]] que require unha [[venopunción]] para o seu tratamento, a exacerbación da [[síndrome de apnea do sono]] e unha aceleración no crecemento dun [[cáncer de próstata|cáncer prostático]] preexistente en individuos que se someteron a privación androxénica. Outro efecto adverso pode ser a perda significativa do cabelo e/ou o adelgazamento do pelo. Isto podería previrse usando ''Propecia'' (''[[Finasteride]]''), que inhibe o encima [[5-alfa redutase]] (responsable da conversión da testosterona a [[dihidrotestosterona|DHT]]), durante o tratamento. A testosterona exóxena tamén causa a supresión da [[espermatoxénese]] e pode levar á esterilidade. <ref name="pmid1977002">{{cita publicación | título = Contraceptive efficacy of testosterone-induced azoospermia in normal men. World Health Organization Task Force on methods for the regulation of male fertility | publicación = Lancet | volume = 336 | número = 8721 | páxinas = 955–9 | ano = 1990 | mes = October | pmid = 1977002 | doi = 10.1016/0140-6736(90)92416-F | url = }}</ref> Recoméndase que os médicos busquen un cáncer de próstata cun exame rectal dixital e un chequeo dos niveis de PSA ([[antíxeno prostático específico]]) antes de empezar a terapia, e monitorear de preto os niveis de PSA e hematocrito durante a terapia.
Liña 193:
Unha terapia de testosterona apropiada pode mellorar o tratamento da [[diabetes mellitus]] tipo 2. <ref name="pmid18772488">{{cita publicación | autor = Traish AM, Saad F, Guay A | título = The dark side of testosterone deficiency: II. Type 2 diabetes and insulin resistance | publicación = J. Androl. | volume = 30 | número = 1 | páxinas = 23–32 | ano = 2009 | pmid = 18772488 | doi = 10.2164/jandrol.108.005751 | url = }}</ref> Os baixos niveis de testosterona tamén favorecen o risco de desenvolver o [[Alzheimer]]. <ref name="pmid16785599"/><ref name="pmid15383512"/>
 
Aínda cómpren estudos de gran escala para avaliar a eficacia e seguridade a longo prazo da testosterona. <ref name="url_ Cunningham">{{cita web | url = http://www.endocrinetoday.com/view.aspx?rid=29171 | título = Testosterone treatment in aging men | autor = Cunningham GR | ano = 25-06-2008 | obra = | editor = EndocrineToday.com | accessdata data-acceso= 17-07-2009}}</ref>
 
=== Efectos adversos ===