Gerardo Iglesias: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 21:
Afiliouse á [[UJCE|Xuventude Comunista]] con apenas 16 anos, en [[1961]], pasando logo a militar no [[PCE]], colaborou coa formación das [[CCOO|Comisións Obreirass]], polo que sería encarcerado en varias ocasións durante o réxime franquista.
 
A primeira destas detencións tivo lugar no [[1962]] co gallo da gran folga mineira en Asturias. Ao ano seguinte, sería elixido membro do Comité Central do [[PCE]] de [[Asturias]]<ref>Amorín, Carlos [http://www.lainsignia.org/2006/octubre/ibe_073.htm Las primeras huelgas patagónicas]</ref>
 
No [[1966]] xunto con outros membros de CCOO foi detido e condeado a 4 anos e 6 meses de cárcere. No [[1973]] foi elixido membro do Comité Federal do [[PCE]], tralo cal foi detido novamente, pasando un ano no cárcere.
 
Na Asemblea Xeral de Barcelona, no [[1976]] resultou elixido Secretario Xeral de CCOO en [[Asturias]]. 2 anos despois, na III Conferencia Rexional, foi elixido Secretario Xeral do PCA. Foi reelixido membro do Comité Federal do PCE no IX Congreso, pasando a formar parte do Comité Executivo do mesmo.
 
Ao longo dos anos 80, produciuse no seo do [[PCE]] o enfrontamento entre os sectores eurocomunistas, liderado polo secretario xeral [[Santiago Carrillo]], e o sector renovador, ao que pertencían entre outros Gerardo Iglesias e [[Dolores Ibárruri]].
Como resultado deste enfrontamento, [[Santiago Carrillo]] dimitiu en novembro do [[1982]], sucendéndolle no cargo Gerardo Iglesias, representando así o fracaso da liña eurocomunista que culminaría coa expulsión de [[Santiago Carrillo]] no [[1985]]
 
Como secretario xeral do PCE, promoveu, a partires da plataforma anti-[[OTAN]], a creación de [[Izquierda Unida]] no [[1986]], da que foi primer Coordinador Xeral. Nas eleccións xerais dese ano, foi candidato á presidencia do goberno, sendo elixido deputado por Madrid.
 
No XII Congreso do [[PCE]], renunciou á secretaría xeral, sucedéndolle no cargo [[Julio Anguita]].
Tras esto, retirouse completamente da vida política para voltar a traballar na conca mineira asturiana