Rainer Maria Rilke: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Shyde (conversa | contribucións)
m Eliminouse o modelo «Link GA».
Sen resumo de edición
Liña 32:
 
[[Ficheiro:GrabRilke.JPG|miniatura|dereita|200px|Tumba de ''Rilke'' no camposanto de [[Raron]] ([[Suíza]]).]]
O [[11 de xuño]] de [[1919]] Rilke viaxou desde Múnic a Suíza. En principio tiña unha invitación para dar unha conferencia en [[ZurichZúric]], pero aproveitou para quedar, escapando do caos da posguerra e continuar traballando nas ''Duineser Elegien''. Resultoulle difícil encontrar un lugar adecuado onde instalarse, e residiu sucesivamente en varias localidades, como [[Soglio]], [[Locarno]] e [[Berg am Irchel]]. No verán de [[1921]] fixou a súa residencia permanente no [[castelo de Muzot]], preto de [[Sierre]], en [[Valais]]. En maio de [[1922]] o seu protector [[Werner Reinhart]] ([[1884]]-[[1951]]), comprou o edificio para evitarlle o pago do aluguer.
 
En febreiro de 1922, nun período intensamente creativo completou as ''Duineser Elegien'' nunhas semanas. Antes e despois diso traballou en ''Die Sonette an Orpheus''. A partir de [[1923]] tivo que afrontar un serio problema de saúde, cunha prolongada estancia nos sanatorios de [[Schöneck]] e [[Val-Mont]]. Entre xaneiro e agosto de [[1925]] estivo en París, considerando que un cambio de residencia e de hábitos podería ser beneficioso para a súa saúde. A pesar da doenza, escribiu numerosos poemas entre 1923 e 1926, amais dunha extensa obra lírica en francés. Nesta época tivo unha relación coa artista ''Baladine'' ([[Elisabeth Dorothea Spiro]]), nai do pintor ''[[Balthus]]'' (Balthasar Klossowski).