Depuración de augas residuais: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Cite journal
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 148:
O propósito da [[desinfección]] na depuración de augas residuais é o de reducir substancialmente o número de [[microorganismo]]s na auga que vai ser descargada ao medio ambiente e pode posteriormente ser utilizada para beber, bañarse, a irrigación etc. A efectividade da desinfección depende da calidade das augas que van ser tratadas (por exemplo, turbidez, pH etc.), o tipo de desinfección que se usará, a dose de desinfectantes (concentración e tempo), e outras variables medioambientais. A auga turbia é máis difícil de tratar, xa que as materias sólidas que contén poden protexer aos microorganismos, especialmente da [[luz ultravioleta]] ou se o tempo de contacto é pequeno. Xeralmente, os tempos de contacto curtos, as doses baixas e os fluxos altos non favorecen a desinfección. Entre os métodos comúns de desinfección están o uso de [[ozono]], [[cloro]], luz ultravioleta, ou hipoclorito de sodio.<ref name="EPA Primer" /><sup>Páx. 16</sup> A [[cloramina]], que se utiliza na auga potable, non se utiliza no tratamento de augas residuais porque é persistente. Despois de moitos pasos de desinfección, a auga tratada está lista para ser vertida de novo no ciclo da auga do medio ambiente nun corpo de auga ou usada para a rega agrícola.
 
A [[cloración da auga]] é a forma máis común de desinfección das augas residuais polo seu baixo custo e efectividade. Ten a desvantaxe de que a cloración de materia orgánica residual pode orixinar compostos [[organoclorado]]s, que poden ser carcinoxénicos[[carcinóxeno]]s ou daniños para o medio ambiente. O cloro residual ou as cloraminas poden tamén clorar materias orgánicas no medio acuático natural. Ademais, o cloro é tóxico para as especies acuáticas, e o efluente que se vai verter debe ser quimicamente desclorado, para o que hai que realizar un complexo e custoso tratamento.
 
A [[luz ultravioleta]] (UV) pode utilizarse en lugar do cloro, iodo e outros produtos químicos. Como non se utilizan substancias químicas, a auga tratada non ten efectos prexudiciais para os organismos que despois a consuman ou vivan nela. A radiación UV causa danos na estrutura xenética das bacterias, [[virus]], e outros [[patóxeno]]s, facendo que non se poidan reproducir. As principais desvantaxes da desinfección UV son que se precisará un frecuente mantemento das lámpadas e a necesidade de que o efluente estea fortemente tratado para asegurar que os microorgsanismos diana non están protexidos ou apantallados da radiación UV (é dicir, os sólidos presentes no efluente tratado poden protexer aos microorganismos da luz ultravioleta).<ref>{{Cita publicación periódica |last1=Das |first1=Tapas K. |date=August 2001 |title=Ultraviolet disinfection application to a wastewater treatment plant |journal=Clean Technologies and Environmental Policy |publisher=Springer Berlin/Heidelberg |volume=3 |issue=2 |pages=69–80 |url= |doi=10.1007/S100980100108}}</ref><ref>Florida Department of Environmental Protection. Tallahassee, FL. [http://www.dep.state.fl.us/water/wastewater/dom/domuv.htm "Ultraviolet Disinfection for Domestic Waste water."] 2010-03-17.</ref>